{"id":253901,"date":"2024-04-19T08:44:59","date_gmt":"2024-04-19T06:44:59","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/alegacions-do-coag-ao-estudo-de-impacto-ambiental-do-proxecto-de-greenfiber-en-palas-de-rei\/"},"modified":"2024-05-06T11:56:34","modified_gmt":"2024-05-06T09:56:34","slug":"alegacions-do-coag-ao-estudo-de-impacto-ambiental-do-proxecto-de-greenfiber-en-palas-de-rei","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/alegacions-es\/alegacions-do-coag-ao-estudo-de-impacto-ambiental-do-proxecto-de-greenfiber-en-palas-de-rei\/","title":{"rendered":"Alegaci\u00f3ns do COAG ao  Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de Greenfiber en Palas de Rei"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), por acordo da Xunta de Goberno do 17 de Abril de 2024, ven de presentar alegaci\u00f3ns ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto industrial que a firma Greenfiber (Altri e Greenalia) ten intenci\u00f3n de instalar no municipio lucense de Palas de Rei, desde a s\u00faa responsabilidade como axente fundamental na definici\u00f3n das directrices de ordenamento urban\u00edstico e territorial de Galicia. Esencialmente, reclamamos m\u00e1is informaci\u00f3n acerca dunha iniciativa que, entendemos, non se acomoda ao modelo de desenvolvemento territorial que Galicia precisa e que, desde o COAG, vimos defendendo nos 50 anos da nosa historia.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cremos que o modelo de desenvolvemento industrial de Galicia tense que facer con criterios de sustentabilidade, defensa do medio ambiente e integraci\u00f3n dos proxectos econ\u00f3mico\/empresariais no conxunto dos valores e tradici\u00f3ns sociais, culturais, paisax\u00edsticas e etnogr\u00e1ficas dun territorio. Entendemos que a industrializaci\u00f3n do s\u00e9culo XXI ten que apostar pola evoluci\u00f3n do territorio e non por unha alteraci\u00f3n radical con criterios propios do s\u00e9culo pasado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O noso texto de alegaci\u00f3ns quere ser, coma sempre, rigoroso e construtivo. Rigoroso nas argumentaci\u00f3ns e construtivo no sentido de poder estudar outras alternativas e, mesmo, volver \u00e1s propostas iniciais e buscar unha resposta consensuada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde ese punto de vista, e de xeito sint\u00e9tico, entendemos que o proxecto de Greenfiber, pola informaci\u00f3n dispo\u00f1ible ata o de agora, sementa moitas d\u00fabidas acerca do seu cumprimento coas propias directrices auton\u00f3micas de Ordenaci\u00f3n do Territorio, en especial pola ausencia de indicadores esenciais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Do mesmo xeito, o novo proxecto industrial parece entrar en contradici\u00f3ns consigo mesmo acerca dos seus supostos beneficios. En contra do que se ten dito, o proxecto aposta por unha industria de primeira transformaci\u00f3n (elaboraci\u00f3n de pasta de celulosa) e non avanza na circularidade nin completa o ciclo da madeira con criterios de sustentabilidade, o que aportar\u00eda un maior valor engadido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Insistir en proxectos forestais que requiren unha especie de alto consumo de auga, xunto coas elevadas necesidades h\u00eddricas expostas pola empresa como imprescindibles para o seu funcionamento, comprometen a aposta auton\u00f3mica polo ciclo integral da auga.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Finalmente, como arquitectos e urbanistas non podemos entender que se estea a falar dun proxecto industrial na primeira li\u00f1a do Cami\u00f1o de Santiago sen ter recabado previamente o impacto do mesmo na consideraci\u00f3n desta Ruta como Patrimonio da Humanidade. Galicia non pode actuar na maior ruta cultural de Europa, e unha das m\u00e1is importantes do mundo, sen informar e recabar a opini\u00f3n das instancias culturais, galegas e internacionais, que act\u00faan sobre un patrimonio e que, na medida que \u00e9 mundial, xa non \u00e9 s\u00f3 noso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entendemos que Galicia conta con solo industrial de calidade, baleiro ou en transformaci\u00f3n, susceptible de acoller proxectos empresariais coma este. E non poder\u00edamos compartir unha estratexia de ordenamento do territorio na que, por unha banda, se constr\u00faen pol\u00edgonos industriais que quedan sen uso e, por outra, se destr\u00fae a paisaxe rural para albergar instalaci\u00f3ns fabr\u00eds. Se isto \u00e9 as\u00ed \u00e9 que algo falla na planificaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como criterio xeral, entendemos que os proxectos de interese estrat\u00e9xico (PIE), pola s\u00faa propia definici\u00f3n, t\u00e9\u00f1ense que desenvolver de xeito alleo a calquera condicionante circunstancial, como optar a determinados fondos europeos. O verdadeiramente importante non se pode despachar con criterios de urxencia. E se os fondos que captamos os empregamos para constru\u00edr proxectos err\u00f3neos, en lugar de investir estaremos xerando no futuro gastos insospeitados e consecuencias desafortunadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde o COAG vimos apostando historicamente polo desenvolvemento de Galicia. Con achegas que seguen un f\u00edo com\u00fan: o di\u00e1logo, a posta en valor permanente do noso territorio, da nosa paisaxe e da nosa historia, e o convencemento de que o futuro ten que ser sostible, integrado e baseado na evoluci\u00f3n harm\u00f3nica do que sempre fomos. Nesa li\u00f1a traballamos e traballaremos sempre, aportando unha mirada rigorosa, baseada nos fundamentos da nosa disciplina e apostando, en primeiro lugar, polo servizo \u00e1 sociedade galega.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pode consultarse o texto \u00edntegro das alegaci\u00f3ns presentadas no seguinte <a href=\"https:\/\/www.coag.es\/categorias\/Novedades\/privado\/2024\/aleg_altri\/visualizacion_privada.aspx\">ENLACE<\/a> (<strong>AVISO IMPORTANTE SOBRE CONFIDENCIALIDADE.<\/strong> IND\u00cdCASE QUE ESTE DOCUMENTO, EST\u00c1 A DISPOSICI\u00d3N DOS COLEXIADOS DO COAG EXCLUSIVAMENTE A EFECTOS DE TRASLADARLLES A INFORMACI\u00d3N SOBRE A ACTIVIDADE COLEXIAL, POLO QUE NON SE PERMITE A DIFUSI\u00d3N DO MESMO DE CALQUERA FORMA OU POR CALQUERA MEDIO, ELECTR\u00d3NICO, MEC\u00c1NICO OU OUTRO NIN A S\u00daA REPRODUCI\u00d3N TOTAL O PARCIAL.)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), por acordo da Xunta de Goberno do 17 de Abril de 2024, ven de presentar alegaci\u00f3ns ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto industrial que a firma Greenfiber (Altri e Greenalia) ten intenci\u00f3n de instalar no municipio lucense de Palas de Rei, desde a s\u00faa responsabilidade como [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":253899,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[960,965,1016,963,1088],"tags":[],"class_list":["post-253901","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-alegacions-es","category-campanas-coag-es","category-coag-es","category-coagactua-es","category-noticias-es-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253901","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=253901"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253901\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":254421,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/253901\/revisions\/254421"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/253899"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=253901"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=253901"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=253901"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}