{"id":240193,"date":"2022-12-13T11:06:45","date_gmt":"2022-12-13T10:06:45","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/resultado-do-premios-gran-de-area-de-aportacion-a-arquitectura-2022\/"},"modified":"2023-07-05T13:32:49","modified_gmt":"2023-07-05T11:32:49","slug":"resultado-do-premios-gran-de-area-de-aportacion-a-arquitectura-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/delegacion-ourense\/resultado-do-premios-gran-de-area-de-aportacion-a-arquitectura-2022\/","title":{"rendered":"Resultado do Premios Gran de Area de Aportaci\u00f3n \u00e1 Arquitectura 2022"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">Conforme \u00e1 convocatoria realizada na <a href=\"http:\/\/www.coag.es\/circulares\/2022\/agosto\/secretaria\/secretaria18-2022.pdf\">circular 18\/2022<\/a>, un total de 63 propostas foron presentadas \u00e1 edici\u00f3n 2022 dos Premios Gran de Area. O xurado da presente edici\u00f3n emitiu o seu fallo polo cal destaca 16 das candidaturas presentadas.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os premios \u00abGran de Area de aportaci\u00f3n a Arquitectura\u00bb son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o reco\u00f1ecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcaci\u00f3ns de Vigo, Ourense e Pontevedra.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En Vigo, a luns 21 de novembro na Delegaci\u00f3n en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia \u00e1s 10:29h comeza a reuni\u00f3n do xurado do Premios Gran de Area 2022 integrado polas seguintes persoas:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2022 D. Manuel Martinez Carazo, en calidade de Presidente da Delegaci\u00f3n en Vigo do COAG, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 D. Rafael Castro Armesto, en calidade de Presidente da Delegaci\u00f3n en Ourense do COAG, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 D. Anselmo Villanueva Pe\u00f3n, en calidade de Presidente da Delegaci\u00f3n en Pontevedra do COAG, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 D. Fernando Sampil S\u00e1nchez, colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios \u201cGran de Area\u201d das edici\u00f3ns anteriores, consensuado polas tres Delegaci\u00f3ns.<br \/>\n\u2022 D\u00aa Mar\u00eda Fandi\u00f1o Iglesias, colexiada da Delegaci\u00f3n en Vigo seleccionada polo xunta directiva de Vigo, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 D. Pablo L\u00f3pez Prol, colexiado da Delegaci\u00f3n en Ourense seleccionado pola xunta directiva de Ourense, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 D\u00aa Zaraida Mart\u00ednez Sanmart\u00edn, colexiada da Delegaci\u00f3n de Pontevedra seleccionada pola Xunta Directiva de Pontevedra, e con dereito a voto.<br \/>\n\u2022 Mar\u00eda Luisa Pierres L\u00f3pez, en calidade de Secretaria da Delegaci\u00f3n en Pontevedra do COAG, act\u00faa como Secretaria do Xurado, con voz pero sen voto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Proc\u00e9dese durante case 5 horas \u00e1 revisi\u00f3n pormenorizada de todas as obras presentadas, que responden a un total de 63, englobadas en m\u00e1is de 10 tipolox\u00edas diferentes. Tr\u00e1tase de obras de car\u00e1cter urbano, habitacional, industrial, comercial ou paisax\u00edstico, e con escalas tam\u00e9n moi diferentes, desde pequenas intervenci\u00f3ns, case estrat\u00e9xicas, a outras que incluso resolven espazos urbanos a escala de cidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha variedade de propostas, todas elas de alta calidade, que dificulta seriamente a labor do xurado e que finalmente atopa nas obras premiadas esas pequenas ou grandes aportaci\u00f3ns \u00e1 arquitectura do Sur de Galicia que entenden deben ser reco\u00f1ecidas pola s\u00faa exemplaridade do bo facer arquitect\u00f3nico, pero sen esquecer que son o resultado da colaboraci\u00f3n exitosa de todos os axentes de obra, promotores, construtores e profesionais da arquitectura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A relaci\u00f3n e motivaci\u00f3n da elecci\u00f3n de cada obra \u00e9 a seguinte:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">1 REFORMA DE PISO<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">RUA FERMIN PENZOL 16, 03-01 36202 VIGO<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">RAMON VIEITEZ RODRIGUEZ (3096) | ALBERTO CEBRAL LOUREDA (4202) | BRAIS BARREIRO CARREIRA (4864)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Polo notable cari\u00f1o posto na recuperaci\u00f3n das pezas orixinais de carpinter\u00eda e ferraxes, coa habilidade de xerar unha imaxe global limpa que salienta o valor da vivenda, as\u00ed como pola acertada conxunci\u00f3n das novas pezas de mobiliario cos distintos espazos, cunha estudiada elecci\u00f3n de materiais e correcta execuci\u00f3n dos detalles.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">2. VIVIENDA UNIFAMILIAR<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">POL\u00cdGONO 66 PARCELA 476 SOUTOVERDE CELANOVA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">MANUEL JORRETO DIAZ (2226)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola acertada execuci\u00f3n dunha envolvente que conxuga o dese\u00f1o dos detalles estrat\u00e9xicos dunha vivenda pasiva de consumo enerx\u00e9tico case nulo cunha distribuci\u00f3n interior polivalente e limpa, mostrando especial coidado pola integraci\u00f3n no territorio e o respecto polos espazos exteriores.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">3. VIVIENDA ENTRE MEDIANERAS: CASA PALOMAR<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">CARRERA SE\u00d1ORIN 4332500 CARBALLI\u00d1O (O)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">GORETTI D\u00cdAZ CRISTOBAL (4984)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Polo xeito de resolver un programa que demanda un modo de vida totalmente alleo \u00e1 parcela e \u00e1 contorna constru\u00edda na que se atopa, humanizando unha normativa urban\u00edstica r\u00edxida, e xerando uns espazos amables e flexibles que apostan ademais por unha construci\u00f3n sostible.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">4. REHABILITACION E AMPLIACION DE EDIFICIO PARA DUAS VIVENDAS DUPLEX E GARAXE<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">SUBIDA CASTELO 1136202 VIGO<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">JAVIER COUTO GRANJA (3492)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por tratarse dun perfecto exercicio de incorporaci\u00f3n da contemporaneidade arquitect\u00f3nica nunha rehabilitaci\u00f3n situada nun \u00e1mbito de especial protecci\u00f3n.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">5. TRANSFORMACI\u00d3N DO PATIO DO COLEXIO DA TORRE-CELA. SUSTITUCI\u00d3N DA CUBERTA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">LUGAR DE A TORRE 75, 36938 BUEU (PONTEVEDRA)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">FERM\u00cdN GONZ\u00c1LEZ BLANCO<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola aposta firme pola arquitectura e a paisaxe dende a base, sinal\u00e1ndoas como unha parte fundamental da sociedade, e xerando un valioso proxecto educativo que involucra \u00f3 equipo educativo, \u00e1s crianzas, familias e entidades p\u00fablicas. Pola intervenci\u00f3n tan necesaria nos espazos escolares, humanizando e iluminando o patio e, cunha mellora notable da vida, do xogo e a educaci\u00f3n da cativada.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">6. 2 NAVES ADOSADAS DESTINADAS A CENTRO LOGISTICO, OFICINAS, ALMACENAJE Y DISTRIBUCI\u00d3N DE AGUA MINERAL NATURAL ENVASADA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">LUGAR REIGOSA-TOURON36828 PONTE-CALDELAS<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">LUCIANO GONZ\u00c1LEZ DOM\u00cdNGUEZ (4338) | MIGUEL EST\u00c9VEZ G\u00d3MEZ (4339)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Polo feito de acadar un sistema xeral a partir de diferentes premisas program\u00e1ticas, a priori antag\u00f3nicas, cunha execuci\u00f3n sensata, eficiente e carente de alardes innecesarios, cun resultado final que reflicte unha revisi\u00f3n m\u00e1s contempor\u00e1nea da tipolox\u00eda industrial, amosando que a arquitectura ten cabida, de forma positiva, neste tipo de infraestruturas.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">7. REURBANIZACI\u00d3N PLAZA BUGALLAL<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">PONTEAREAS PONTEVEDRA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">ABALO ALONSO ARQUITECTOS | ELIZABETH ABALO, GONZALO ALONSO<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Polo xeito org\u00e1nico no cal se xera unha praza que responde a unhas necesidades program\u00e1ticas complexas e polo modo no que se establecen lazos entre a contemporaneidade e a tradici\u00f3n sen a perda de identidade do lugar.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">8. SAL\u00d3N DE BELLEZA CONSCIENTE<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">R\u00daA AUGUSTO BESADA 20 TUI<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">\u00c1NGEL MANUEL MATILLA BESADA | LEANDRO NOGUEIRA P\u00c9REZ<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por crear un espazo interior elegante e coherente en estilo coa fachada art dec\u00f3 ben recuperada, cunha soluci\u00f3n evocadora dun tempo , de fermosa naturalidade e calidez, e sen abandonar a contemporaneidade que exixe a funcionalidade mesma do uso \u00f3 que vai destinada.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">9. CASA 1918 &#8211; PROXECTO DE RECONSTRUCCI\u00d3N DE VIVENDA UNIFAMILIAR AFECTADA POLA EXPLOSI\u00d3N DE PARAMOS<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">POL\u00cdGONO 31 PARCELA 293 TORRE TUI<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">JORGE ENR\u00cdQUEZ M\u00c9NDEZ | ADRI\u00c1N PINAQUE ALVITE<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por tratarse dun proxecto de reconstruci\u00f3n de vivenda exemplar que nun \u00e1mbito catastr\u00f3fico e repentinamente carente de referencias de identidade pr\u00f3xima e nunha parcela de morfolox\u00eda complexa resolve con destacada habilidade todo o seu programa funcional a trav\u00e9s dunha estratexia de descomposici\u00f3n volum\u00e9trica e creando \u00e1 s\u00faa vez un lugar de referencia ligado \u00e1 tradici\u00f3n.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">10. HUMANIZACI\u00d3N DA PRAZA DA FEIRA, RUA ULLA E A SUA CONTORNA NO CONCELLO DA ESTRADA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">A ESTRADA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">JOS\u00c9 VALLADARES DUR\u00c1N | ALBERTO REDONDO PORTO | MARCIAL RODRIGUEZ RODR\u00cdGUEZ | RVR ARQUITECTOS<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola s\u00faa aportaci\u00f3n en termos de sostibilidade, valor\u00e1ndose especialmente o xeito de proxectar con materiais semipermeables, pavimentos m\u00e1is amables e sistemas de drenaxe sostible que reducen a illa de calor e melloran a calidade ambiental dos espazos p\u00fablicos.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">11. HORTA E INVERNADOIRO EN CULLER DE PAU<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">POL\u00cdGONO 24 PARCELA 231 PENEIRADA GROVE (O)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">FAUSTINO PATI\u00d1O CAMBEIRO | JUAN IGNACIO PRIETO LOPEZ | PRIETO PATI\u00d1O ARQUITECTURA, S.L.P.<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola integridade da actuaci\u00f3n en termos de produtividade, dese\u00f1o e adecuaci\u00f3n ao entorno. Val\u00f3rase o xeito multiescalar no cal, invernadoiro, parterres, percorridos e sistemas de xesti\u00f3n da auga se adec\u00faan ao programa solicitado sen distorsionar a paisaxe.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">12. CENTRO CULTURAL E TUR\u00cdSTICO ANTONIO FRAGUAS<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">A CHAN 5, CARBALLEDO. CERDEDO &#8211; COTOBADE (PONTEVEDRA)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">MAR\u00cdA GARC\u00cdA COUTO<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por constru\u00edr un edificio p\u00fablico singular, ben composto e ben relacionado co seu espazo<br \/>\nexterior, sen borrar a memoria do edificio pre existente.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">13. CIUDAD DE LA JUSTICIA DE VIGO<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">PADRE FEIJ\u00d3O VIGO<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">ALFONSO PENELA FERNANDEZ (680)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por tratarse dun proxecto sobrio e digno, que xera arquitectura desde a subtracci\u00f3n, eliminando aqueles elementos que estaban de m\u00e1is para xerar un gran espazo p\u00fablico que contrib\u00fae a coser e unir cidade desmontando a imaxe previa dese lugar como l\u00edmite ou fronteira. Unha operaci\u00f3n de limpeza que permite ademais recuperar a visi\u00f3n da torre.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">14. REFORMA DE LOCAL PARA UN NUEVO RESTAURANTE: ALBANTA<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">LUGAR BALTEIRO N\u00ba47, 36140, FIGUEIRIDO VILABOA (PONTEVEDRA)<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">SANTIAGO PINTOS PENA | JAIME RODR\u00cdGUEZ ABILLEIRA<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por xerar unha linguaxe a trav\u00e9s dos materiais, que transmite de xeito claro as sensaci\u00f3ns e experiencias que se pretenden nese espazo constru\u00eddo, sen que o limitado do orzamento supo\u00f1a un impedimento.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">15. REFORMA E AMPLIACION DE VIVENDA UNIFAMILIAR ILLADA CON GARAXE, P\u00c9RGOLA E PISCINA.<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">LUGAR BARGA-DONAS 036388 GONDOMAR<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">ANTONIO SOLI\u00d1O TRONCOSO (3580)<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por tratarse dun exemplo perfecto de intervenci\u00f3n de rehabilitaci\u00f3n e ampliaci\u00f3n de vivenda nun \u00e1mbito rural, no que se conquire a perfecta harmon\u00eda e transici\u00f3n volum\u00e9trica entre a construci\u00f3n preexistente tradicional e os novos volumes, de acento intencionadamente contempor\u00e1neo.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span style=\"color: #0188fc;\">16. REHABILITACI\u00d3N DE EDIFICIO PARA O CENTRO GALEGO DE INNOVACI\u00d3N DA FORMACI\u00d3N PROFESIONAL<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">R\u00daA RAM\u00d3N ABELLAS N\u00ba4 OURENSE<\/span><br \/>\n<span style=\"color: #0188fc;\">ESTEFAN\u00cdA V\u00c1ZQUEZ M\u00dcLLER COL. 3587 | ROI FEIJOO REY COL.3637 | SANTIAGO GARC\u00cdA CAMACHO COL.3718<\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Pola forma de resolver a sempre complexa readaptaci\u00f3n dun edificio obsoleto, a trav\u00e9s dunha serie de estratexias proxectuais enfocadas cara a funcionalidade xeral do inmoble, e onde constatase como a necesaria mellora da eficiencia enerx\u00e9tica e optimizaci\u00f3n das instalaci\u00f3ns com\u00fans non influ\u00edron negativamente na correcta configuraci\u00f3n dos espazos, nin na compo\u00f1ente est\u00e9tica, caracter\u00edsticas ocasionalmente esquecidas ou infravaloradas neste tipo de tipolox\u00eda edificatoria.<\/p>\n<hr \/>\n<p style=\"text-align: justify;\">Remata a sesi\u00f3n \u00e1s 15:14h do 21 de novembro de 2022, o cal certifico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Asdo: Mar\u00eda Luisa Pierres L\u00f3pez<br \/>\nEn calidade de Secretaria do Xurado dos Premios Gran de Area 2022<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">P\u00f3dense consultar as obras presentadas e premiadas no seguinte <a href=\"http:\/\/www.coag.es\/premioscoag\/candidaturas\/visualizacion.aspx?edicion=GDA2022\">ENLACE<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Conforme \u00e1 convocatoria realizada na circular 18\/2022, un total de 63 propostas foron presentadas \u00e1 edici\u00f3n 2022 dos Premios Gran de Area. O xurado da presente edici\u00f3n emitiu o seu fallo polo cal destaca 16 das candidaturas presentadas.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":240191,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[1016,979,980,982,1000],"tags":[],"class_list":["post-240193","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-coag-es","category-delegacion-ourense","category-delegacion-pontevedra","category-delegacion-vigo","category-premios-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/240193","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=240193"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/240193\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":240194,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/240193\/revisions\/240194"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/240191"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=240193"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=240193"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=240193"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}