{"id":237865,"date":"2022-10-03T09:58:30","date_gmt":"2022-10-03T07:58:30","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/dma-2022-iniciativa-coruneando-ruta-pola-pescaderia-e-un-paseo-en-bicicleta-vmp-e-patins-por-riazor-e-orzan\/"},"modified":"2022-10-13T12:46:45","modified_gmt":"2022-10-13T10:46:45","slug":"dma-2022-iniciativa-coruneando-ruta-pola-pescaderia-e-un-paseo-en-bicicleta-vmp-e-patins-por-riazor-e-orzan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/delegacion-a-coruna\/dma-2022-iniciativa-coruneando-ruta-pola-pescaderia-e-un-paseo-en-bicicleta-vmp-e-patins-por-riazor-e-orzan\/","title":{"rendered":"DMA 2022 &#8211; Iniciativa \u201cCoru\u00f1eando\u201d: Ruta pola Pescader\u00eda e un paseo en bicicleta, VMP e pat\u00edns por Riazor e Orz\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A Delegaci\u00f3n da Coru\u00f1a do Colexio de Arquitectos organiza dous novos paseos f\u00edsicos e virtuais con motivo do D\u00eda Mundial da Arquitectura. Este ano a iniciativa \u201cCoru\u00f1eando\u201d, que cumpre a s\u00faa segunda edici\u00f3n, ter\u00e1 como novidade unha ruta pola Pescader\u00eda e un paseo en bicicleta, VMP e pat\u00edns por Riazor e Orz\u00e1n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As d\u00faas xornadas ser\u00e1n de ma\u00f1\u00e1, gratu\u00edtas, cunha duraci\u00f3n de d\u00faas horas e abertas \u00e1 cidadan\u00eda para co\u00f1ecer e valorar o patrimonio arquitect\u00f3nico da cidade. A primeira delas ser\u00e1 o s\u00e1bado 8 de outubro \u00e1s 12 horas. Iniciarase no Mercado de San Agust\u00edn e percorrer\u00e1 a Pescader\u00eda, especialmente a r\u00faa de San Andr\u00e9s centr\u00e1ndose en edificios con valor art\u00edstico como La Llave, a Casa Formoso, a Casa Solla, o edificio de Bouret, a Casa de los Elefantes na r\u00faa do Orz\u00e1n e varios edificios da r\u00faa Galera. Ser\u00e1 un paseo a p\u00e9, onde membros da delegaci\u00f3n coru\u00f1esa do COAG xunto con colaboradores explicar\u00e1n como se articulou este barrio e como se produciu o tr\u00e1nsito do Modernismo ao Racionalismo na cidade da Coru\u00f1a.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A segunda ruta, cun car\u00e1cter experimental, fusiona a arquitectura coa mobilidade e relacionando diversas formas de desprazamento coa visita a arquitecturas contempor\u00e1neas, situadas un pouco m\u00e1is distantes entre si, pero cunha historia fascinante. Iniciarase o domingo, 9 de outubro, \u00e1s 12 horas, no Muncyt e pasar\u00e1 polo Conservatorio Superior de M\u00fasica, o Palacio dos Deportes, Villa Molina e a Casa do Sol, terminando na Domus. O paseo realizarase en bicicleta, patinete e pat\u00edn, a\u00ednda que como o ritmo ser\u00e1 c\u00f3modo tam\u00e9n se poder\u00e1 facer andando. Con esta ruta qu\u00e9rese po\u00f1er en valor a arquitectura contempor\u00e1nea e o labor integrador dalg\u00fan destes edificios en barrios como Agra do Orz\u00e1n, Laba\u00f1ou e Montealto, ademais de explicar a odisea construtiva da cuberta do Palacio dos Deportes ou a singularidade de Villa Molina como parte das vivendas de Cidade Xard\u00edn.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os mapas e descrici\u00f3ns das rutas estar\u00e1n na web divulgativa da arquitectura coru\u00f1esa https:\/\/coruneando.com\/, que ten como obxectivo que cidad\u00e1ns e visitantes poidan facelos en calquera momento descargando o mapa no seu tel\u00e9fono m\u00f3bil, xa que conta coa xeolocalizaci\u00f3n dos edificios e o link \u00e1 informaci\u00f3n de cada un.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Coru\u00f1eando \u00e9 unha iniciativa da Delegaci\u00f3n da Coru\u00f1a do COAG e as xornalistas coru\u00f1esas Montse Barba e Arantxa Freire que pretende divulgar o patrimonio arquitect\u00f3nico da cidade a trav\u00e9s de visitas guiadas, tanto f\u00edsicas como virtuais. O proxecto iniciouse coa construci\u00f3n dunha web (https:\/\/coruneando.com\/) en 2021 e conta xa con d\u00faas rutas iniciais polo Ensanche e polo centro dos Cant\u00f3ns e a Marina. Con estas d\u00faas novas rutas ser\u00edan catro os paseos descargables.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Cada un dos edificios conta cunha ficha virtual coa historia do edificio, o contexto no que foi creado e os arquitectos que o crearon, as\u00ed como fotos realizadas polo fot\u00f3grafo Mario Entero. Como di na web: \u201cO proxecto quere propiciar o debate entre coru\u00f1eses e visitantes sobre a cidade que queren e destacar algunhas das s\u00faas obras arquitect\u00f3nicas. Levantar a vista cara aqueles lugares polos que se pasou mil veces, para deterse e aprecialos mellor. Porque para amar e protexer algo \u00e9 necesario co\u00f1ecer o seu valor\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<a href=\"https:\/\/coruneando.com\/paseo-por-pescaderia\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Paseo pola Pescar\u00eda<\/a>\u00a0\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0\u00a0<a href=\"https:\/\/coruneando.com\/paseo-maritimo\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Paseo polo Paseo Mar\u00edtimo<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ambolos dous Paseos tam\u00e9n se levar\u00e1n a cabo de xeito presencial nas seguintes datas, \u00e1s que estades todos e todas convidados\/as, cun certo car\u00e1cter experimental no roteiro do domingo, que permitir\u00e1 -ao transcorrer polo Paseo Mar\u00edtimo- o desplazamento noutros medios de locomoci\u00f3n tales como bicicleta, pat\u00edns ou VMP.<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>S\u00e1bado 8 de outubro: sa\u00edda desde o Mercado de San Agust\u00edn, \u00e1s 12.00 h. Peonil. (duraci\u00f3n 1,5 h.)<\/strong><br \/>\nMercado de San Agust\u00edn-Casa dos Elefantes-Galera 8-Edificio Soto-San Andr\u00e9s 69-71-Casa Solla-Edificio La Llave-Casa Formoso<\/li>\n<li><strong>Domingo 9 de outubro: sa\u00edda desde o Museo Nacional de Ciencia e Tecnolox\u00eda, \u00e1s 12.00 h. Bicicleta, pat\u00edns, VMP e (peonil). (duraci\u00f3n 1,5 h.)<\/strong><br \/>\n(\u00c1gora-Conservatorio, non incluidos no roteiro por seguridade no desplazamento)-MUNCyT-Pazo dos Deportes-Villa Molina-Casa del Sol-Domus.<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\">As obras ser\u00e1n comentadas pola colexiada Nuria Prieto, membros da Directiva da Delegaci\u00f3n e todos aqueles\/as que queran aportar a s\u00faa visi\u00f3n sobre alg\u00fan dos edificios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Vos animamos a participar en calqueira dos roteiros e co medio de locomoci\u00f3n que consideredes o domingo, e brindar pola arquitectura ao final de ambos roteiros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Delegaci\u00f3n da Coru\u00f1a do Colexio de Arquitectos organiza dous novos paseos f\u00edsicos e virtuais con motivo do D\u00eda Mundial da Arquitectura. Este ano a iniciativa \u201cCoru\u00f1eando\u201d, que cumpre a s\u00faa segunda edici\u00f3n, ter\u00e1 como novidade unha ruta pola Pescader\u00eda e un paseo en bicicleta, VMP e pat\u00edns por Riazor e Orz\u00e1n. As d\u00faas xornadas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":237893,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[976],"tags":[],"class_list":["post-237865","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-delegacion-a-coruna"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/237865","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=237865"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/237865\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":237895,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/237865\/revisions\/237895"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/237893"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=237865"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=237865"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=237865"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}