{"id":233767,"date":"2022-05-30T10:10:38","date_gmt":"2022-05-30T08:10:38","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/os-arquitectos-xose-manuel-rosales-e-jose-luis-pereiro-son-reconecidos-coa-distincion-profesional-colexiado-do-ano-da-union-profesional-de-galicia\/"},"modified":"2022-05-30T13:16:56","modified_gmt":"2022-05-30T11:16:56","slug":"os-arquitectos-xose-manuel-rosales-e-jose-luis-pereiro-son-reconecidos-coa-distincion-profesional-colexiado-do-ano-da-union-profesional-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/noticias-es\/os-arquitectos-xose-manuel-rosales-e-jose-luis-pereiro-son-reconecidos-coa-distincion-profesional-colexiado-do-ano-da-union-profesional-de-galicia\/","title":{"rendered":"Os arquitectos Xos\u00e9 Manuel Rosales e Jos\u00e9 Luis Pereiro son reco\u00f1ecidos coa distinci\u00f3n Profesional Colexiado do Ano da Uni\u00f3n Profesional de Galicia"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">A Xunta de Goberno do COAG propuxo a s\u00faa candidatura a estes galard\u00f3ns ao estar convencida de que \u201cse debe premiar o labor de aqueles que basearon o seu traballo no servizo \u00e1 sociedade\u201d, considerando que ambos responden a esta directriz a\u00ednda cando as s\u00faas traxectorias foron diferentes.<!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os arquitectos <strong>Xos\u00e9 Manuel Rosales<\/strong> e <strong>Jos\u00e9 Luis Pereiro<\/strong>, colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), recolleron o pasado venres a s\u00faa distinci\u00f3n <strong>Profesional Colexiado do Ano <\/strong>da<strong> Uni\u00f3n Profesional de Galicia, <\/strong>na categor\u00eda de Arquitectura, nun acto celebrado na Capela Real do Hostal dos Reis Cat\u00f3licos de Santiago (Rosales premiado na edici\u00f3n de 2020 e Pereiro na de 2021). Esta distinci\u00f3n pretende facer visible e reco\u00f1ecer p\u00fablica e conxuntamente a traxectoria dos profesionais colexiados, dos diferentes \u00e1mbitos profesionais que foran exemplares no exercicio da s\u00faa profesi\u00f3n, que te\u00f1an velado pola excelencia na prestaci\u00f3n de servizos \u00e1 sociedade, que destacaran pola s\u00faa contribuci\u00f3n ao prestixio da profesi\u00f3n, e que traballaran para transmitir \u00e1 sociedade galega os valores das mellores pr\u00e1cticas profesionais por riba dos intereses particulares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u2022 Rosales, colexiado desde 1987, liderou o ProxectoTERRA ata a s\u00faa xubilaci\u00f3n para achegar a arquitectura, paisaxe e territorio ao \u00e1mbito educativo<br \/>\n\u2022 Pereiro, colexiado desde 1971, exerceu funci\u00f3ns na Administraci\u00f3n P\u00fablica ademais de ter multitude de obra arquitect\u00f3nica por toda Galicia e realizar traballos de planeamento urban\u00edstico<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Enlace \u00e1 gravaci\u00f3n do acto: <a href=\"https:\/\/youtu.be\/Fdf186Fe76A\">https:\/\/youtu.be\/Fdf186Fe76A<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O arquitecto e docente Xos\u00e9 Manuel Rosales Noves (Pontevedra, 1958) est\u00e1 colexiado no COAG desde 1987. Tras unha feliz infancia e mocidade na s\u00faa cidade natal, aos catorce anos trasl\u00e1dase \u00e1 Coru\u00f1a para estudar, primeiro na Universidade Laboral e despois na Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura da Coru\u00f1a (ETSA) acabando os seus estudos en marzo 1985. Ese mesmo ano presentouse \u00e1s oposici\u00f3ns de profesor de Debuxo para Educaci\u00f3n Secundaria, e desde o curso 85-86 a docencia foi a s\u00faa principal ocupaci\u00f3n ata que se xubilou en xaneiro de 2019 coa condici\u00f3n de catedr\u00e1tico e cun M\u00e1ster en Planificaci\u00f3n Urbana e Territorial, obtido no 2000 na Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na s\u00faa traxectoria, Rosales tivo a fortuna de gozar tam\u00e9n do exercicio da arquitectura, realizando catorce proxectos \u2013alg\u00fans en colaboraci\u00f3n\u2013, \u201csendo a maior\u00eda vivendas unifamiliares para amigos que non deixaron en ning\u00fan momento de selo e cos que sigo compartindo o goce dos espazos dom\u00e9sticos que creamos conxuntamente\u201d. A s\u00faa \u00faltima obra constru\u00edda, finalizada no 2006, foi unha vivenda unifamiliar no lugar de Tellada, en Betanzos, en colaboraci\u00f3n co arquitecto Gonzalo Crecente Maseda, un proxecto que obtivo o Premio Juana de Vega de Arquitectura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n foi profesor da ETSA da Coru\u00f1a, desde 1992 ata setembro de 2018, primeiro no Departamento de Representaci\u00f3n e Teor\u00eda Arquitect\u00f3nicas e finalmente no Departamento de Proxectos Arquitect\u00f3nicos, Urbanismo e Composici\u00f3n. Neste per\u00edodo, colaborou estreitamente con Pedro de Llano na montaxe de exposici\u00f3ns sobre Arquitectura Contempor\u00e1nea. \u201cA aprendizaxe \u00e9 o m\u00e1is importante, a\u00ednda que tendo claro que se poden facer moi poucas cousas, e para o que ser\u00e1 preciso acadar complicidades e conseguir colaboraci\u00f3ns para que calquera iniciativa te\u00f1a un m\u00ednimo de \u00e9xito\u201d \u2013sinala\u2013. No \u00e1mbito educativo, Rosales apunta que \u00e9 fundamental reorientar o sistema para cambiar a din\u00e1mica de aprendizaxe a trav\u00e9s de proxectos coa integraci\u00f3n das diferentes \u00e1reas de co\u00f1ecemento, para as\u00ed difundir a educaci\u00f3n sobre a paisaxe, arquitectura e territorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Rosales: \u201cVinte e dous anos despois, o ProxectoTERRA segue aportando formaci\u00f3n e recursos educativos ao mundo da educaci\u00f3n en Galicia\u201d<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A s\u00faa preocupaci\u00f3n e especial interese por achegar o mundo da arquitectura \u00e1 cidadan\u00eda, levouno a propo\u00f1er o ProxectoTERRA, conformando equipo xunto con Pedro de Llano, Juan Luis Dalda e Antonio D\u00edaz. Foi o seu coordinador desde os seus inicios en xaneiro do 2000 ata xaneiro de 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O ProxectoTERRA \u00e9 un proxecto do COAG de cooperaci\u00f3n co mundo da educaci\u00f3n co que se achegan formaci\u00f3n e recursos educativos sobre arquitectura, paisaxe e territorio para cada unha das distintas etapas dos 0 a 18 anos contando en todo momento coa colaboraci\u00f3n esencial do profesorado de cada nivel educativo. Todos os recursos elaborados est\u00e1n presentes en todos os centros educativos de Galicia de Educaci\u00f3n Infantil, Primaria e Secundaria grazas ao apoio institucional recibido da Xunta de Galicia desde o ano 2003.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A iniciativa recibiu o Premio Nacional de Urbanismo 2010 do Ministerio de Fomento e o Premio da Cr\u00edtica de Galicia na categor\u00eda de Iniciativas Culturais 2011. \u201cVinte e dous anos despois, o ProxectoTERRA sigue aportando formaci\u00f3n e recursos educativos ao mundo da educaci\u00f3n en Galicia\u201d \u2013apunta Rosales\u2013.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">De 2016 a 2018 foi tam\u00e9n o coordinador executivo da organizaci\u00f3n de LUDANTIA I Bienal Internacional de Educaci\u00f3n en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, posible grazas \u00e1 implicaci\u00f3n do Concello de Pontevedra, Deputaci\u00f3n de Pontevedra, Xunta de Galicia e o COAG. Este congreso tivo lugar en Pontevedra en maio-xu\u00f1o de 2018, \u201cunha formidable experiencia que me permitiu co\u00f1ecer e achegarme ao entusiasta colectivo internacional implicado na educaci\u00f3n en arquitectura\u201d. Actualmente, Rosales confesa estar en novas andainas estreitamente vinculadas \u00e1 divulgaci\u00f3n dos \u201cenormes valores que a arquitectura e o territorio poden achegarnos nas nosas vidas\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Arquitectura asistencial, comercial, deportiva, docente, hostaleira, relixiosa, funeraria, sanitaria, de rehabilitaci\u00f3n urbana e de vivenda<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Jos\u00e9 Luis Pereiro Alonso (Vigo, 1943) graduouse en Arquitectura pola Escuela T\u00e9cnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1971 na especialidade de Urbanismo, ano no que tam\u00e9n se colexiou, e conv\u00e9rtese en doutor arquitecto en 1978, trala presentaci\u00f3n da tese de doutoramento na Escuela de Arquitectura de Madrid con cualificaci\u00f3n de sobresa\u00ednte con titulo \u201cDesarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo\u201d do recinto amurallado ao plan Palacios (1932), tese editada posteriormente polo COAG. Traballou como arquitecto municipal do Concello de Vigo de 1971 a 1986, tomando posesi\u00f3n da praza por oposici\u00f3n en 1978.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Antes, en 1972, foi nomeado arquitecto xefe da Oficina de Urbanismo do Concello de Vigo, actividade que desempe\u00f1ou ata a s\u00faa incorporaci\u00f3n \u00e1 Conseller\u00eda de Ordenaci\u00f3n do Territorio e Obras P\u00fablicas da Xunta de Galicia. Foi nomeado en 1985 arquitecto superior do Consorcio das Contribuci\u00f3ns Territoriais de Vigo en representaci\u00f3n do Concello.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En 1986 foi nomeado subdirector Xeral de Urbanismo da Conseller\u00eda de Ordenaci\u00f3n do Territorio da Xunta de Galicia. Entre maio e decembro dese mesmo ano preside as Comisi\u00f3ns Provinciais de Urbanismo da Coru\u00f1a, Lugo, Ourense e Pontevedra. Foi designado tam\u00e9n membro do equipo encargado de elaborar o borrador do Regulamento da Lei 11\/85 de Adaptaci\u00f3n do Solo a Galicia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As s\u00faas obras alcanzan case a totalidade das tipolox\u00edas existentes. Realizou obras asistenciais como o Centro de Sa\u00fade de Salvaterra de Mi\u00f1o, innumerables centros comerciais, varios pavill\u00f3ns municipais e o mercado do Concello de Redondela. Na categor\u00eda de edificios docentes destaca o Centro de Investigaci\u00f3n Qu\u00edmica da Universidade de Santiago, denominado CIQUS. Conta con m\u00e1is de trinta proxectos hoteleiros entre os que se atopan o hotel Palacio del Carmen en Santiago e a reforma do Hotel Riazor na Coru\u00f1a. Nos \u00faltimos anos destaca o seu labor no campo da rehabilitaci\u00f3n. Colaborou con varios arquitectos, destacando a s\u00faa colaboraci\u00f3n con Jean Nouvel na rehabilitaci\u00f3n do Palacete de Espi\u00f1o e a urbanizaci\u00f3n do parque de Espi\u00f1o. Realizou multitude de obras na categor\u00eda de vivenda colectiva, chegando a proxectar ao longo da s\u00faa carreira numerosas vivendas e conxuntos. \u201cMellorouse moito desde o punto de vista arquitect\u00f3nico nos \u00faltimos anos. Hoxe o aforro enerx\u00e9tico \u00e9 primordial, e a rehabilitaci\u00f3n unha parte fundamental da obra para recuperar o pasado\u201d \u2013engadiu\u2013.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Tam\u00e9n realizou multitude de traballos de planeamento urban\u00edstico, como a redacci\u00f3n de plans especiais, plans parciais, plans de extensi\u00f3n e reforma interior, normas subsidiarias, diversos estudos, proxectos de remodelaci\u00f3n, revisi\u00f3n e adaptaci\u00f3n de leis urban\u00edsticas, PERIS, proxectos de reparcelaci\u00f3n e outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Recibiu numerosos reco\u00f1ecementos ao longo da s\u00faa traxectoria, entre os que destacan os premios do COAG; o primeiro premio e dous acc\u00e9sit do concurso de Modelos Arquitect\u00f3nicos de vivendas unifamiliares do Medio Rural da Xunta de Galicia en 1993; o Premio Europa Nostra pola rehabilitaci\u00f3n de Antiga F\u00e1brica de Curtidos do barrio do Carme de Abaixo, en Santiago, para vivendas en 1994; o Best of Wine Tourism Awards 2006 de San Francisco (EE.UU.) pola mellor realizaci\u00f3n arquitect\u00f3nica do mundo no sector do enoturismo pola intervenci\u00f3n realizada en Bodegas Calem (Oporto), obra na que se divertiu especialmente e que recorda con orgullo por ter traballado con seu fillo, tam\u00e9n arquitecto; entre outras moitas distinci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais de participar en diversos cursos sobre urbanismo, impartiu tam\u00e9n relatorios e desenvolveu traballos e multitude de publicaci\u00f3ns ao longo da s\u00faa traxectoria. Entre as publicaci\u00f3ns realizadas sobre a cidade de Santiago destaca unha especialmente, \u201cRincones de Compostela\u201d na que se vai descubrindo o admirable labor arquitect\u00f3nico que proxectou en Santiago o seu bisav\u00f3 Manuel Pereiro Caeiro, mestre de obras titulado pola Escuela de Arquitectura de Madrid. A finais do s\u00e9culo XIX, Pereiro Caeiro foi nomeado arquitecto municipal de Santiago, deixando unha obra de gran interese que se analiza nesta publicaci\u00f3n, editada polo Consorcio de Santiago sendo alcalde Xerardo Est\u00e9vez e presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, que realizaron un breve pr\u00f3logo a esta publicaci\u00f3n editada en 1996 con gran \u00e9xito e que se esgotou rapidamente. Neste libro, Jos\u00e9 Luis Pereiro lembra os paseos pola cidade hist\u00f3rico os fins de semana acompa\u00f1ado polos seus fillo, descubrindo as obras realizadas polo seu bisav\u00f3.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta de Goberno do COAG propuxo a s\u00faa candidatura a estes galard\u00f3ns ao estar convencida de que \u201cse debe premiar o labor de aqueles que basearon o seu traballo no servizo \u00e1 sociedade\u201d, considerando que ambos responden a esta directriz a\u00ednda cando as s\u00faas traxectorias foron diferentes.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":233764,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[1086],"tags":[],"class_list":["post-233767","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/233767","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=233767"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/233767\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":233796,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/233767\/revisions\/233796"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/233764"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=233767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=233767"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=233767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}