{"id":231465,"date":"2022-04-04T14:13:58","date_gmt":"2022-04-04T12:13:58","guid":{"rendered":"https:\/\/portal.coag.es\/sin-categorizar\/o-coag-presenta-recurso-de-reposicion-en-impugnacion-da-resolucion-da-alcaldia-do-concello-de-moana-pola-que-se-aprobaron-as-bases-especificas-reguladoras-do-procedemento-selectivo-para-a-provision-de\/"},"modified":"2022-04-20T14:17:20","modified_gmt":"2022-04-20T12:17:20","slug":"o-coag-presenta-recurso-de-reposicion-en-impugnacion-da-resolucion-da-alcaldia-do-concello-de-moana-pola-que-se-aprobaron-as-bases-especificas-reguladoras-do-procedemento-selectivo-para-a-provision-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/coagactua-es\/o-coag-presenta-recurso-de-reposicion-en-impugnacion-da-resolucion-da-alcaldia-do-concello-de-moana-pola-que-se-aprobaron-as-bases-especificas-reguladoras-do-procedemento-selectivo-para-a-provision-de\/","title":{"rendered":"O COAG presenta recurso de reposici\u00f3n en impugnaci\u00f3n da resoluci\u00f3n da alcald\u00eda do Concello de Moa\u00f1a pola que se aprobaron as bases espec\u00edficas reguladoras do procedemento selectivo para a provisi\u00f3n definitiva de prazas vacantes inclu\u00eddas na oferta de emprego p\u00fablico do ano 2018 do Concello de Moa\u00f1a no que respecta \u00e1 praza de  arquitecto\/a (1 praza)"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">M\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os principais motivos de impugnaci\u00f3n foron:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">I.- A BAREMACI\u00d3N DO PROCESO SELECTIVO (CONCURSO-OPOSICI\u00d3N): ABSOLUTA INDETERMINACI\u00d3N E CONFUSI\u00d3N DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; TOTAL INSEGURIDADE XUR\u00cdDICA. A suma das puntuaci\u00f3ns m\u00e1ximas dos m\u00e9ritos que se valoran na fase de concurso supera o total de puntuaci\u00f3n asignable \u00e1 fase de concurso. Na fase de oposici\u00f3n a suma das puntuaci\u00f3ns que se poden acadar en cada proba da un total de 120\/150 PUNTOS, segundo se computen 30\/60 no segundo exercicio, superando, en todo caso, os 80 puntos que como m\u00e1ximo corresponden a esta fase de oposici\u00f3n. = concursante\/opositor non sabe en realidade e coa debida certeza xur\u00eddica cal \u00e9 a puntuaci\u00f3n e o baremo que se lle asigna en cada fase do proceso selectivo, e incluso nas probas do mesmo. Como apuntabamos anteriormente isto xera unha total inseguridade xur\u00eddica e unha total indefensi\u00f3n en caso de estar en desacordo coa eventual puntuaci\u00f3n que o aspirante obte\u00f1a no proceso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">II.- A valoraci\u00f3n do m\u00e9rito consistente na \u201cexperiencia profesional\u201d: Os termos en que se valora a experiencia entendemos que resultan discriminatorios e contrarios aos principios de igualdade, m\u00e9rito e capacidade. A diferencia de puntuaci\u00f3n bas\u00e9ase principalmente no tipo de vinculo xur\u00eddico que o candidato tivo coa Administraci\u00f3n P\u00fablica na que prestou servizos (funcionarial ou por contrato administrativo punt\u00faa m\u00e1is que con contrato administrativo) e non est\u00e1 baseada nas concretas funci\u00f3ns desenvolvidas en relaci\u00f3n coas que hai que desenvolver no posto de traballo obxecto do proceso selectivo. Adicionalmente ao indicado anteriormente sobre a improcedencia de valorar con menos puntuaci\u00f3n a experiencia as\u00ed adquirida mediante contrato administrativo de servizos, simplemente polo tipo de v\u00ednculo xur\u00eddico (m\u00e1xime cando se esixe que o contrato administrativo incl\u00faa presencialidade),entendemos que tam\u00e9n os termos en que est\u00e1 formulada a valoraci\u00f3n deste m\u00e9rito infrinxen o principio de igualdade na medida en que para que os servizos prestados \u00e1 Administraci\u00f3n Local mediante contrato administrativo de asistencia t\u00e9cnica en materia urban\u00edstica poidan ser valorados, requ\u00edrese que o contrato administrativo tivera unha duraci\u00f3n m\u00ednima de 6 meses, cando tal limitaci\u00f3n temporal non se establece para o caso de ter prestado servizos en calquera Administraci\u00f3n P\u00fablica (inclu\u00edda a Local) en condici\u00f3n, por exemplo, de funcionario interino.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">III.- M\u00e9ritos acad\u00e9micos: os m\u00e9ritos acad\u00e9micos deben ser acomodados aos niveis acad\u00e9micos universitarios vixentes na actualidade conforme ao \u201cReal Decreto 1027\/2011, de 15 de julio, por el que se establece el Marco Espa\u00f1ol de Cualificaciones para la Educaci\u00f3n Superior-MECES\u201d, sen prexu\u00edzo de recoller os que sexan equivalentes; as\u00ed mesmo, debe eliminarse a menci\u00f3n \u00e1 titulaci\u00f3n universitaria oficial de Arquitectura xa que \u00e9 a titulaci\u00f3n esixida para participar no proceso selectivo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">IV.- Entendemos que a previsi\u00f3n da posibiligade de lectura dos exercicios escritos 2 e 3 por parte do opositor ante o Tribunal si as\u00ed o decide o Tribunal pode infrinxir o artigo 4 do Real Decreto 896\/1996 que establece que \u00abLas (pruebas) de la fase de oposici\u00f3n tendr\u00e1n car\u00e1cter eliminatorio y en la realizaci\u00f3n de los ejercicios escritos deber\u00e1 garantizarse, siempre que sea posible, el anonimato de los aspirantes.\u201d Esta cautela, que est\u00e1 establecida normativamente, constit\u00fae unha garant\u00eda da imparcialidade do tribunal de selecci\u00f3n. Trat\u00e1ndose os exercicios 2o e 3o, de exercicios escritos (que non de probas orais de co\u00f1ecemento), o anonimato \u00e9 perfectamente garantible xa que poden realizarse as probas escritas sen identificaci\u00f3n do aspirante e mesmo poden ser corrixidas polo tribunal sen necesidade da s\u00faa lectura posterior polo aspirante podendo cumprir, sen problema alg\u00fan, a previsi\u00f3n contida no artigo 4 do Real Decreto 896\/1991. Por moito que se realizasen as probas escritas de xeito an\u00f3nimo se posteriormente os aspirantes te\u00f1en que lelas ante o tribunal, ese anonimato quebrar\u00edase e con iso a garant\u00eda de imparcialidade do tribunal, que o anonimato aporta. Sendo posible, no presente caso, garantir o anonimato, a previsi\u00f3n da posible lectura posterior dos exercicios polo propio aspirante ante o tribunal entendemos que sup\u00f3n unha infracci\u00f3n do artigo 4 do Real Decreto 896\/1991.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">IV. TEMARIO: INFRACCI\u00d3N DO ARTIGO 8 DO REAL DECRETO 896\/1991 \u201cPOR EL QUE SE ESTABLECEN LAS REGLAS B\u00c1SICAS Y LOS PROGRAMAS M\u00cdNIMOS A QUE DEBE AJUSTARSE EL PROCEDIMIENTO DE SELECCI\u00d3N DE LOS FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACI\u00d3N LOCAL. Trat\u00e1ndose o proceso selectivo dunha praza da Escala de Administraci\u00f3n Especial (como se indica na base primeira das bases), Subescala T\u00e9cnica, catro quintas partes do programa deben ser temas espec\u00edficos que incl\u00faan as materias que versan sobre as funci\u00f3ns e tarefas atribu\u00eddas ao posto sobre o que versa o proceso selectivo. As\u00ed o esixe o artigo 8 do Real Decreto 896\/1991 \u201cpor el que se establecen las reglas b\u00e1sicos y los programas m\u00ednimos a que debe ajustarse el procedimiento de selecci\u00f3n de los funcionarios de la Administraci\u00f3n Local\u201d. As bases para a praza de Arquitecto incumpren esta proporci\u00f3n xa que incl\u00faen 37 temas da parte xeral e 53 temas da parte espec\u00edfica, cando deber\u00edan prever 72 temas de materia espec\u00edfica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":29,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","footnotes":""},"categories":[963,1006],"tags":[],"class_list":["post-231465","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-coagactua-es","category-recursos-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/231465","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/29"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=231465"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/231465\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":231466,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/231465\/revisions\/231466"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=231465"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=231465"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/portal.coag.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=231465"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}