O proxecto está impulsado dende os colectivos Espazo 16 e Costa Oeste e conta coa cofinanciación do grupo Tragsa. Esta actividade é unha proposta sensorial e experimental ao redor do patrimonio etnográfico e os oficios e saberes tradicionais no sur de Ourense (Lobeira, Lobios, Baltar e Calvos de Randín).
O millo é un dos cereais máis importantes en Galicia e que máis marcou o noso patrimonio etnográfico, xa que a súa dispoñibilidade e abundancia impulsou a construción de numerosos hórreos, muíños e fornos no territorio galego e xerou números oficios e traballos. Todo este patrimonio e coñecemento está a perderse ou está a desaparecer; ben porque as edificacións se derruban ou porque as persoas maiores e os seus coñecementos desaparecen. Visibilizar este patrimonio cultural é un dos obxectivos principais da proposta.
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Datas: 31 de maio e 1 de xuño de 2025 na Baixa Limia-Xurés (Lobeira, Lobios, Calvos de Randín e Baltar)
A QUEN ESTÁ DIRIXIDO?
As actividades están dirixidas a todas as persoas interesadas na materia, o que inclúe tanto a poboación local como o público especializado.
AXENDA
10.30h Presentación do proxecto e recepción de participantes.
11.30h SEMENTEIRA. Obradoiro «Paisaxes invisibles» (Fran García & Manuel Bugallo)
14.00 Comida
08.30h Almorzo
10.00h MUIÑADA. Roteiro guiado no «Camiño privilexiado» e visita ao patrimonio etnográfico do Couto Mixto (Ana Canal – Lirios do Xurés)