Charlas de ciberseguridade dirixidas aos colexiados/as do COAG

9 Jun 2026

O portal ciberseguridadegalicia.gal, dependente da Xunta de Galicia, impartirá dúas das charlas en liña dirixidas aos arquitectos colexiados do COAG sobre ciberseguridade e Intelixencia artificial que se celebrarán os días 10 e 12 de xuño. Cremos que, polo seu contido e enfoque, estas xornadas poden ser de interese para os estudos de arquitectura. A inscripción é de balde e pode realizarse nos seguintes enlaces:

Xornadas:

  • Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas.
  • Intelixencia artificial e ciberameazas.

Inscrición nas xornadas:

https://forms.office.com/e/jzR7R4WHNe

Tal e como nos trasladou a organización, estas xornadas non ser gravarán.

Folleto de Intelixencia artificial e ciberameazas: COAG_Formación_IA

Folleto de Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas: COAG_Formación_Ciber

Compartir