Xornadas de presentación da Guía de cor e materiais de Galicia

22 Ene 2018

No marco da Estratexia da Paisaxe Galega, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, elaborou unha Guía de cores e materiais de Galicia, que ten por obxecto proporcionar uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Cambio de data Xornada de Lugo a 23 de febreiro.

O documento elaborado constitúe un primeiro paso, co que se pretende recoller o parecer de diferentes sectores públicos e privados, para avanzar na conformación final da guía, así como concretar o alcance normativo que vaia ter, na procura do maior consenso posible.

Por ese motivo, en colaboración coa Fundación Laboral da Construción, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, organiza estas xornadas que terán lugar en:

A Coruña (5 de febreiro)

Vigo (7 de febreiro)

Ourense(19 de febreiro)

Lugo (23 febreiro)

Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico secretaria.iet@xunta.gal ou nos teléfonos 981-541755/56

A Coruña 5 de febreiro de 2018

A xornada terá lugar nos locais da Fundación Laboral da Construción
Polígono de Sabón, parcela 131 a – 15142 Arteixo (A Coruña)

Programa:

10:00 Apertura da xornada

Inés Santé Riveira

Directora do Instituto de Estudos do Territorio

10:30 Presentación técnica da Guía de cor e materiais

Alberto Redondo Porto e Marcial Rodríguez Rodríguez

Integrantes do equipo técnico de traballo

11:30 Pausa-café

12:00 Aplicación das cartas de cor e materiais

Alberto Redondo Porto e Marcial Rodríguez Rodríguez

13:00 Debate e enquisa de opinión

14:00 Peche da xornada

Vigo 7 de febreiro de 2018

A xornada terá lugar nos locais da Fundación Laboral da Construción
Camiño da Raposeira, 24 – 36214 Vigo (Pontevedra)

Programa:

10:00 Apertura da xornada

Inés Santé Riveira

Directora do Instituto de Estudos do Territorio

10:30 Presentación técnica da Guía de cor e materiais

Xosé Ceferino Castro Martínez

Integrante do equipo técnico de traballo

11:30 Pausa-café

12:00 Aplicación das cartas de cor e materiais

Xosé Ceferino Castro Martínez

13:00 Debate e enquisa de opinión

14:00 Peche da xornada

Ourense 19 de febreiro de 2018

A xornada terá lugar nos locais da Asociación de Empresarios da Construción de Ourense
Rúa Padilla, 1-3 – 32003 Ourense

Programa:

10:00 Apertura da xornada

Inés Santé Riveira

Directora do Instituto de Estudos do Territorio

10:30 Presentación técnica da Guía de cor e materiais

Javier Amadeo Pena Garrido

Integrante do equipo técnico de traballo

11:30 Pausa-café

12:00 Aplicación das cartas de cor e materiais

Javier Amadeo Pena Garrido

13:00 Debate e enquisa de opinión

14:00 Peche da xornada

Lugo 23 de febreiro de 2018

A xornada terá lugar nos locais da Fundación Laboral da Construción
Lugar San Xoan do Alto s/n – 27232 Vilaesteve (Lugo)

Programa:
10:00 Apertura da xornada

Inés Santé Riveira

Directora do Instituto de Estudos do Territorio

10:30 Presentación técnica da Guía de cor e materiais

Ángeles Castro Dapena

Integrante do equipo técnico de traballo e coordinadora da fase final de elaboración da Guía

11:30 Pausa-café

12:00 Aplicación das cartas de cor e materiais

Ángeles Castro Dapena

13:00 Debate e enquisa de opinión

14:00 Peche da xornada

Compartir