Sentenza desestimando un recurso do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia contra a resolución do Concello de Vigo que declarou a falta de competencia dun enxeñeiro industrial para realizar un informe de avaliación de edificios (IAE) sobre edificación residencial.

25 May 2021

Infórmase da publicación da circular 7/2021 en relación coa sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo n º 2 de Vigo, do 26 de xaneiro de 2021 (procedemento Ordinario 134 /2020) desestimou un recurso do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia impugnando a resolución do Concello de Vigo que declarou a falta de competencia dun enxeñeiro industrial para realizar un informe de avaliación de edificios (IAE) sobre edificación residencial.

A sentenza desestima integramente o recurso e declara conforme a dereito a resolución do Concello de Vigo. O Colexio de Arquitectos de Galicia compareceu no procedemento xudicial como interesado constituíndose en parte codemandada en defensa das competencias da profesión.

Compartir