Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras – Praza de Técnico/a de urbanismo

24 Nov 2022

No BOP-Ourense de 24 de novembro, aparece o anuncio de apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso, que será de 20 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Entre outras, figura a seguinte praza:

Técnico/a de urbanismo.

Núm. de prazas: 1 polo sistema de concurso, a xornada completa
Xornada: a tempo completo, de luns a venres
Retribución bruta anual: as que figuran no anexo do cadro de persoal do Orzamento da Mancomunidade Conso-Frieiras para cada exercicio orzamentario.

Enlace ao BOP-Ourense.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

 

Compartir