Concello de Rábade – Contrato de Asistencia técnica

9 Mar 2022

Publicado no Perfil do contratante o “Servizo de asistencia técnico urbanística ao Concello de Rábade”, procedemento aberto, así como os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas, que rexen a licitación.

1. Aprobación do expediente de contratación:
Órgano: Alcaldía.
Data: 03/03/2022.
2. Entidade adxudicadora:
Organismo: Concello de Rábade.
Dependencia que tramita o expediente: secretaría do Concello.
Domicilio: Praza do 28 de maio, s/n (Rábade)
Código NUTS: É112 Lugo
3. Obxecto do contrato:
Tipo de contrato: Servizos.
Obxecto do contrato: Servizo de asistencia técnico urbanística ao Concello de Rábade
CPV 71410000-5: Servizos de urbanismo,
CPV 71210000-3: Servizos de asesoramento en arquitectura.
Nº expte: 95/2022
Prazo de execución: Dous anos, prorrogables.
Prórrogas: Máximo de dous anos (1+1).
Procedemento de adxudicación: Aberto.
Criterios de solvencia do adxudicatario: Cláusula 14ª.
4. Tipo de licitación:
Orzamento base de licitación: 30.000,00 euros IVE incluído.
Valor estimado: 49.586,77 euros IVE excluído.
Prezo máximo do contrato: 60.000,00 euros IVE incluído.
5. Garantías:
Provisional: Non se esixe
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
6. Obtención de información e documentación.
Entidade: Concello de Rábade / Secretaría
Dirección: Praza do 28 de maio s/n (Rábade)
Teléfono: 982390062
Fax: 982390411
Correo electrónico: concello.rabade@eidolocal.es
O prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da adxudicación do contrato e as prescricións técnicas poderanse consultar no perfil do contratante da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, podendo acceder ao mesmo desde a dirección https://rabade.sedelectronica.gal, perfil do contratante.
Os interesados poderán solicitar información adicional sobre os pregos e demais documentación complementaria cunha antelación mínima de doce días á finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Prazo para a recepción de ofertas:
Data límite de presentación: 15 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio de licitación do contrato no perfil do contratante.
Hora límite de presentación: Ata as 23:59 horas do último día de presentación de proposicións.
Documentación a presentar: A establecida na cláusula 19ª do prego de cláusulas
administrativas particulares.
– Idioma: Galego ou castelán.
8. Data, hora e lugar da apertura das plicas:
Data e hora: Publicarase no perfil do contratante.
Lugar: casa Consistorial do Concello de Rábade.
Condicións especiais de execución: As sinaladas na cláusula 23ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de valoración das ofertas: Os sinalados cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

ENLACE AO PERFIL DO CONTRATANTE.

Compartir