Concello de Ourol – Praza de arquitecto/a municipal

14 Dic 2022

No BOP Lugo de 9 de decembro, anúcianse a aprobación das Bases Xerais que rexerán xunto coas Bases Específicas das convocatorias dos procesos selectivos excepcionais correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal de longa duración do Concello de Ourol incluídas na oferta de emprego público extraordinaria da Lei 20/2021.

Entre elas figura unha praza de Arquitecto/a Municipal.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir