O concello na súa resolución recoñece que cometeu un erro e que o COAG tiña razón no seu recurso ao alegar a competencia exclusiva dos Arquitectos para un proxecto de rehabilitación dun edificio residencia. Non obstante, o concello argumenta que ao estar o contrato xa adxudicado e posto que finalmente o adxudicatario resultou ser un Arquitecto e que o concello necesita o proxecto para unha subvención, desestima o recurso no entendemento de que anular o proceso causaría maiores prexuízos.