O COAG impugnou as seguintes 5 licitacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a adxudicación de 5 contratos de servizos de redacción de proxectos e dirección de obras de edificios de vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais

15 Feb 2022

Máis info.

  • Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 40 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais, na Parcela z-13 do Sector 10 do Parque Ofimático da Coruña. Expediente: C-2021/010_RP+DO.
  • Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 40 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais, na Parcela M-IVB-21 do Plan Parcial de San Paio de Navia, Vigo (Pontevedra). Expediente: PO-2021/020_RP+DO.
  • Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 39 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais, na parcela M-IVA_10 do Plan Parcial de San Paio de Navia, Vigo (Pontevedra). Expediente: PO-2021/010_RP+DO
  • Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 12 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos, na parcela bb5 do SUNP-12, Lamas de Abade, Santiago de Compostela (A Coruña). Expediente: C-2021/030_RP+DO
  • Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 24 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos, na Parcela bb3 do SUNP-12, Lamas de Abade, Santiago de Compostela (A Coruña). Expediente: C-2021/020_RP+DO.

Os motivos polos que o COAG ten impugnado estas licitacións son:

– O orzamento de licitación e o valor estimado do contrato insuficientes e non acorde aos prezos de mercado e incumprimento da obriga legal de desagregación de custes.

– Nivel de detalle da proposta técnica esixida en fase de licitación desproporcionado (xa que se esixen algúns aspectos de desenvolvemento propios do proxecto básico e mesmo do proxecto de execución). E dado o nivel de detalle esixido para a proposta técnica o prazo de presentación das propostas resulta insuficiente.

Compartir