Oferta de traballo na que se solicita un/unha arquitecto/a interesado/a na redacción de proxecto de demolición e dirección técnica do mesmo no Concello de Poio

12 Abr 2023

O Concello de Poio solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, dun colexiado/a interesado na redacción de proxecto e a dirección de obra da demolición dunha edificación sen licenza emprazada no referido termo municipal, en execución do disposto por sentencia xudicial.

Pódese consultar a solicitude no seguinte ENLACE.

Tanto os honorarios coma o resto de condicións contractuais serán establecidas polo Concello directamente co/coa colexiado/a que finalmente resulte seleccionado/a e que acepte a realización do encargo. O Colexio non se responsabiliza da xestión e desenvolvemento do encargo recibido polo designado durante a súa realización nin da xestión económica co cliente.

Para calquera aclaración sobre o obxecto e as condiciones do encargo, deberase contactar coa entidade ofertante nos datos de contacto que se indican a continuación:

Persoa de contacto: Gregorio Agis Gómez, Conselleiro de Urbanismo e Promoción Económica do Concello.
Praza do Mosteiro nº1 San Xoán 36995 – POIO
Tlf: 986 770 001
e-mail: gregorio.agis.gomez@concellopoio.gal

INSCRICIÓN: REQUISITOS, FORMA, ELECCIÓN E PRAZO.

Poderán inscribirse e participar no sorteo tódolos arquitectos colexiados  no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, quedando excluídos:

  • Os que se encontren en situación de suspensión na súa colexiación.
  • Os que non se atopen en plenitude dos seus dereitos como colexiados.
  • As sociedades profesionais.

Para realizar a inscrición deberase acceder ao apartado de emprego dentro do panel de servizos da web colexial, no seguinte ENLACE

Conforme ao procedemento colexial aplicado en supostos similares, o técnico será designado por sorteo entre os colexiados que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concorrer a esta convocatoria. O sorteo realizarase con unha aplicación informática que utiliza o algoritmo “Fisher-Yates”, o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado. Como consecuencia do sorteo establecerase unha orden de prelación entre todos os inscritos, asignándose o encargo aos dous primeiros. En caso de renuncia de calquera dos designados, procederase a ofrecer o encargo ao seguinte colexiado conforme á orde de prelación establecida.

Os colexiados interesados poderán presentar a súa solicitude ata as 23:59 horas do martes 18 de abril de 2023

Unha vez realizado o sorteo, publicarase o listado que resulte no apartado informativo da web colexial sobre a presente convocatoria.

Compartir