O vindeiro mércores 29 de xuño, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebrará unha nova xornada de asesoramento, en formato en liña, sobre o Programa de incentivos 6 vinculado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, cuxa convocatoria se publicou no DOG o pasado 9 de novembro.
