Seminario Internacional UNISCAPE EN‐ROUTE

0
Posted by / 5 junio 2019 / Categories: Axenda, Cultura, Urbanismo / 0 Comments

Este Seminario, que está coorganizado por UNISCAPE, a Universidade da Coruña e o COAG, propón unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria “converxencia de miradas” sobre a paisaxe. Contemplando, ademais dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.

Estrutúrase e tres bloques ou liñas de reflexión:

  • LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propón reflexións en torno á conformación histórica da paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
  • LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatar a pertinencia do proxecto como ferramenta de xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
  • LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entender a paisaxe como substrato e como experiencia da actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.

Prezo de inscrición reducido para colexiados do COAG.

Inscrición.
Programa (castellano).
Programa (galego) (Actualizado).
Programa (inglés).
Página web de UNISCAPE.
About the author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube