Indícase a localización do edificio da Fundación Laboral da Construción – Curtiduría de Pontepedriña (Rúa Pontepedriña, 13) en Santiago de Compostela, onde o vindeiro sábado, 9 de de marzo, celebraremos a comida da patroa de tod@s @s colexiad@s de Galicia.

O edificio da Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela, foi galardoado nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación Galicia 2018, na categoría de Rehabilitación. Os seus autores foron Victor López Cotelo e Ángel Panero Pardo.

O programa previsto é o seguinte:

  • 12:30 h. Visita guiada polas instalacións da man de Ángel Panero Pardo (finalmente, por motivos personais, non poderá guiar a visita Víctor López Cotelo)

    .

  • 14,30 h. Comida da patroa do Colexio.

O espazo de aparcamento no propio recinto é limitado (recoméndase compartir vehículos).

Localización da Curtiduría