REHABILITAR, PASO A PASO

14 Nov 2023

O vídeo Rehabilitar, paso a paso, froito do traballo da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV) e o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), pódese ver desde aquí.


O parque residencial en España está formado por 25,7 millóns de vivendas das cales máis de 10 millóns (o 55%) necesitan ser rehabilitadas porque se construíron antes do ano 1980, cando se aprobou a primeira normativa que fixaba uns mínimos de eficiencia enerxética. Pero a estas necesidades, hai que engadir outras, igualmente irrenunciables, de mellora da accesibilidade, a conservación e a funcionalidade.

Para impulsar unha cultura do mantemento de edificios, ata o de agora inexistente no noso país, a CEAV e o CSCAE aliáronse, en maio, no proxecto RehabilitAcción Cidadá, co fin de promover a rehabilitación de vivendas e edificios, creando espazos de diálogo entre entidades veciñais e profesionais.

Este vídeo sintetiza as fases para afrontar un proxecto de rehabilitación con garantías: desde o detonante ata o primeiro contacto con profesionais, a procura de financiamento, a elaboración do proxecto, a entrega da obra e o mantemento posterior, entre outras.

Podes ver o vídeo desde esta ligazón: Rehabilitar, paso a paso

Compartir