Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas
Membros
QUEN SOMOS?
A AGAAP é a Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
PARA QUE SE CREA A AGAAP?
A creación da AGAAP realizouse a iniciativa da Xunta de Goberno, acollendo a inquietude dun grupo de arquitectas e arquitectos que traballan nas administracións públicas que advertían da necesidade de dispoñer dun ente que os representara, que os defendera, e que propiciara un entorno no que poder relacionarse cos/as compañeiros/as doutras administracións públicas.
Por unha banda, a AGAAP supón unha oportunidade para constituírnos formalmente, que nos represente como colectivo e coa que defender os nosos intereses profesionais, considerando que a nosa modalidade de exercicio profesional presenta unhas características e problemáticas particulares que merecen unha atención especializada, tanto dentro como fóra do COAG.
Por outra banda, a AGAAP aspira a facilitar e impulsar o encontro entre compañeiros/as con circunstancias semellantes, de modo que tamén pretende favorecer a cohesión entre as arquitectas e arquitectos que traballamos nas diferentes administracións de Galicia, promovendo a nosa interacción, intercambio de opinións, de información e apoio corporativo.
COMO SE CREOU A AGAAP?
O pasado 28 de maio, a Xunta Xeral Extraordinaria aprobou o Regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. En virtude dos estatutos do COAG, esta aprobación definitiva determinou a constitución da agrupación.
Circulares AGAAP
Documentacion AGAAP
| Regulamento da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. |
| Resumo de acordos adopados na Asemblea Xeral do pasado 25 de novembro de 2025. |
| Proposta de actividadades. |
| Informe da presidencia. |
| Presentación da Asemblea Xeral. |
| Gravación Asemblea Xeral 25_11_2025. |
|
Documentación para Asamblea 28 de abril de 2026:
Acta da Asemblea Xeral ordinaria do 28 de abril de 2026 da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas (AGAAP) Circular 2 2026 AGAAP. |
NOVIDADES
Deputación da Coruña – lista provincial persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes
No BOP A Coruña de 28 de maio, aparece o anuncio da Deputación Provincial da Coruña polo que se publican as Bases do proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos...
ACTIVIDADE
Resultado das eleccións á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG
Tal e como se indica na Circular 3 2025, e conforme ao previsto no Regulamento da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, mediante a circular 28/2024 procedeuse á convocatoria das...
Eleccións AGAAP 2025: censo electoral
Conforme ao previsto na circular 28/2024, lémbrase que o vindeiro 13 de marzo de 2025 terán lugar as eleccións para seleccionar á Xunta Directiva da Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. Nesa mesma circular, indícase que...
Convocatoria de eleccións Xunta Directiva da AGAAP
Tal e como se indica na Circular 28 2024, a Xunta de Goberno adoptou o acordo de convocar eleccións para cubrir os postos da Xunta Directiva da Agrupación de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do COAG. Calendario electoral: FIXA-LA DATA DO 13 DE...
UTILIDADES
AGAAP: ampliación dos supostos que permiten unirse como afíns
A Agrupación Galega de Arquitectas e arquitectos nas Administracións Públicas do COAG amplía as posibilidades de participación como afín. A unión como afín permíteche participar no funcionamento e nas actividades da Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas...
Contacto
Se queres transmitir calquera dúbida ou suxestión á AGAAP, podes facelo no correo electrónico: