Arquivo para agosto 17th, 2021

A Deputación de Lugo responde ao escrito remitido polo COAG en relación en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla

Posted by / 17 agosto 2021 / Categories: Alegacións, COAGactua / -

Informa o seguinte:

– Que para a elaboración de dito plan conta cun equipo multidisciplinar no que hai Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Forestais, Enxeñeiro Agrícola, Enxeñeiro de Camiños e Arquitecto; aclara que as edificacións incorporadas ao borrador do plan e o detalle das mesmas proveñen de proxecto redactado por Arquitecto.

– Confirma que  para a presentación do Plan Especial definitivo logo de acadar a autorización do trámite ambiental, será redactado por un equipo multidisciplinar entre o que se incluirá un Arquitecto entre outros técnicos, como solicita o COAG no seu escrito.

– Por outra banda e no relativo á proposta do COAG convocar un concurso de proxectos  “para a concreta execución futura do plan especial no relativo á elaboración dos proxectos arquitectónicos das edificacións contempladas no plan, especialmente o edificio multiusos (…) para que esa actuación se faga dentro duns niveis óptimos de calidade arquitectónica, urbanística e medioambiental, debido á importancia da mesma”, a Deputación indica que , xa contan cun Proxecto Básico e de Execución dende o punto de vista construtivo das edificacións que forma parte do proxecto completo de actuacións que cristalizarán no futuro Parque central- Centro Xeográfico de Galicia, que xa está redactado dende hai catro meses e polo tanto non procede a convocatoria do devandito concurso de ideas.

O escrito remitido pódese descargar neste ENLACE.

Laboratorio da Paisaxe – Escenarios para a vida

Posted by / 17 agosto 2021 / Categories: Noticias, Xornadas / Jornadas / -
Barro – Agosto 2021. 3 días, 4 localizacións, 15 participantes. Land art + arquitectura + escultura + fotografía. Aberto o  prazo de inscrición! Días 27, 28 e 29 de agosto. Actividade de balde. Prazas reducidas. Imprescindible inscrición previa cunha mensaxe nas nosas redes sociais ou email.

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube