Arquivo para agosto, 2021

A Deputación de Lugo responde ao escrito remitido polo COAG en relación en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla

Posted by / 17 agosto 2021 / Categories: Alegacións, COAGactua / -

Informa o seguinte:

– Que para a elaboración de dito plan conta cun equipo multidisciplinar no que hai Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Forestais, Enxeñeiro Agrícola, Enxeñeiro de Camiños e Arquitecto; aclara que as edificacións incorporadas ao borrador do plan e o detalle das mesmas proveñen de proxecto redactado por Arquitecto.

– Confirma que  para a presentación do Plan Especial definitivo logo de acadar a autorización do trámite ambiental, será redactado por un equipo multidisciplinar entre o que se incluirá un Arquitecto entre outros técnicos, como solicita o COAG no seu escrito.

– Por outra banda e no relativo á proposta do COAG convocar un concurso de proxectos  “para a concreta execución futura do plan especial no relativo á elaboración dos proxectos arquitectónicos das edificacións contempladas no plan, especialmente o edificio multiusos (…) para que esa actuación se faga dentro duns niveis óptimos de calidade arquitectónica, urbanística e medioambiental, debido á importancia da mesma”, a Deputación indica que , xa contan cun Proxecto Básico e de Execución dende o punto de vista construtivo das edificacións que forma parte do proxecto completo de actuacións que cristalizarán no futuro Parque central- Centro Xeográfico de Galicia, que xa está redactado dende hai catro meses e polo tanto non procede a convocatoria do devandito concurso de ideas.

O escrito remitido pódese descargar neste ENLACE.

O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Porriño para a adxudicación do contrato de servizos de tarefas de apoio e colaboración na redacción de informes.

Posted by / 12 agosto 2021 / Categories: COAGactua, Recursos / -

Enlace ao recurso.

Curso DB-HE: Ferramentas de cálculo [HULC_CE3x]. Prazas esgotadas. Aberta matrícula en edición adicional.

Este curso ten como obxectivos principais que os alumnos adquiran os coñecementos precisos e especializados necesarios en materia de aforro enerxético.

Para iso é necesario, por unha banda, coñecer, desde un punto de vista práctico, tanto o marco regulador actual, coas as recentes modificacións tanto en materia de aforro de enerxía CTE-HE como da certificación enerxética e, por outra, as ferramentas de cálculo que permiten verificar o cumprimento das devanditas esixencias. Neste curso centrarémonos nas ferramentas que a Administración pon a disposición dos técnicos para este fin: A ferramenta unificada Lider Calener [HULC] e a aplicación CE3x.

As materias desenvolvidas apoiaranse na exposición de contidos teóricos e en talleres prácticos. A metodoloxía, actividades e programación detállanse no programa do curso.

Conferencia “NeuroArquitectura. Nuevas herramientas para el diseño arquitectónico”

Posted by / 31 agosto 2021 / Categories: Delegación Santiago, Noticias, Xornadas / Jornadas / -

Con esta conferencia damos comienzo al nuevo ciclo sobre “Arquitectura y Salud” organizado por la Delegación de Santiago en la colaboración de la Escuela de Arquitectura de A Coruña y el Clúster Saúde de Galicia, CSG.

Dentro de este ciclo de conferencias con el título “La Casa Invisible” se tratarán aspectos no visibles de las viviendas que tienen que ver con la salud y el bienestar. En un momento de creciente interés por aspectos invisibles que tienen que ver, sobre todo, con la energía y la gestión de recursos, se sigue valorando la arquitectura fundamentalmente a través de la imagen. Continuar lendo →

Curso DB-HE: Ferramentas de cálculo [HULC_CE3x]

Este curso ten como obxectivos principais que os alumnos adquiran os coñecementos precisos e especializados necesarios en materia de aforro enerxético.

Para iso é necesario, por unha banda, coñecer, desde un punto de vista práctico, tanto o marco regulador actual, coas as recentes modificacións tanto en materia de aforro de enerxía CTE-HE como da certificación enerxética e, por outra, as ferramentas de cálculo que permiten verificar o cumprimento das devanditas esixencias. Neste curso centrarémonos nas ferramentas que a Administración pon a disposición dos técnicos para este fin: A ferramenta unificada Lider Calener [HULC] e a aplicación CE3x.

As materias desenvolvidas apoiaranse na exposición de contidos teóricos e en talleres prácticos. A metodoloxía, actividades e programación detállanse no programa do curso.

Ciclo de conferencias: LA CASA INVISIBLE

Posted by / 25 agosto 2021 / Categories: Delegación Santiago, Noticias, Publicada en Portada, Xornadas / Jornadas / -

Comenzamos el nuevo “curso escolar” presentando un nuevo ciclo de conferencias sobre Arquitectura y Salud organizado por la Delegación de Santiago de Compostela, con la colaboración de la Escuela de Arquitectura de A Coruña y el Clúster Saúde de Galicia, CSG. Continuar lendo →

Xornada de asesoramento «O réxime urbanístico do solo» [parte II]

Esta xornada de asesoramento, que é a segunda parte da celebrada o pasado luns 26 de xuño, ten como obxectivo completar os contidos expostos nesta e ofrecer unha visión global sobre o réxime urbanístico do solo, centrándose na clasificación e categorización do solo que establece a Lei do Solo de Galicia, no marco da regulación das situacións básicas do solo establecidas polo lexislador estatal. Nesta segunda parte, a través de exemplos prácticos e situacións reais, exporanse os criterios xurisprudenciais nesta materia e farase unha aproximación ao rexime transitorio aplicable nos supostos de planeamento non adaptadado.

Convocatoria arquitecto/a colaborador/a das actividades culturais da Delegación de Santiago

Posted by / 20 agosto 2021 / Categories: coag, Cultura, Delegación Santiago, Emprego / -

Convocatoria para a selección de COLEXIADO/A COLABORADOR/A para dar apoio nas accións culturais que se celebren na delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, organizadas pola súa Xunta Directiva. Continuar lendo →

Premios «Gran de Area 2021» | Apertura da plataforma para a presentación de propostas

Infórmase da apertura da plataforma online de xestión de premios da web colexial, para a presentación das candidaturas aos premios «Gran de Area 2021», que estará dispoñible ate as 14:00 horas do 16 de setembro. Continuar lendo →

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns na primeira quincena do mes de agosto de 2021

Posted by / 18 agosto 2021 / Categories: Normativa / -

Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de agosto de 2021. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube