O Consello de Arquitectos de Europa (CAE), está a levar a cabo o seu sétimo estudo sobre a profesión de arquitecto. Estes estudos realízanse cada dous anos e permiten facer un seguimento da transformación que sofre a profesión á luz das cambiantes circunstancias económicas. Continuar lendo →
Arquivo para julio 14th, 2020
No BOP-Pontevedra de 14 de xullo, aparecen os anuncios para a selección en réxime de interinidade dun/ha arquitecto/a no Concello de A Lama, e para a Convocatoria para a formación de lista de reserva para a provisión interina de prazas de arquitecto no Concello de Tui. Continuar lendo →
Tal e como se indica na Circular 16 2020, a Xunta de Goberno, na súa sesión 8/2020 de 9 de xullo, adoptou o acordo de prorrogar a aplicación do Procedemento extraordinario para a tramitación dos libros de ordes e asistencias e libros de incidencias oririxiais emitidos en papel ou orixinais dixitais levados en papel. Continuar lendo →
Polo seu interese poñemos a vosa disposición este PDF coa interpretación gráfica das Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia. Trátase dun libro editado hai 10 anos en formato físico ao amparo dun convenio entre o COAG e o IGVS. A publicación pretende ser unha ferramenta útil que axude no proceso de interpretación das normas, sinxela de consultar e con interesantes ilustracións que facilitan a comprensión por todos, profesionais e persoas alleas ao mundo da arquitectura.
Comentarios recientes