Arquivo para mayo 20th, 2020

Xornadas «Cara a onde vai o noso urbanismo»

Posted by / 20 mayo 2020 / Categories: Formación, Xornadas / Jornadas / -

A través destas xornadas, froito da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia (APLU) y el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), ábrese un espazo de debate no que a través da intervención de recoñecidos expertos no ámbito urbanístico convídase á reflexión en torno ao futuro da planificación urbanística e ao papel das cidades.

Vivimos unha situación excepcional marcada pola incerteza, unha crise que pode converterse nunha oportunidade para facer fronte a vellos paradigmas, pois nos permitiu tomar conciencia do valor do espazo público, da importancia do colectivo fronte ao individual, así como da necesidade de vivir en sociedade e de facer fronte ao cambio climático unha vez constatada a incidencia da nosa actividade cotiá sobre o noso planeta.

A procura de cidades de proximidade, de cidades humanas e vivibles, nas que se aproveiten as ferramentas e a tecnoloxía da era actual sen perder a perspectiva da escala humana, espazos dos que os seus habitantes sentan parte integrante fundamental porque tomen conciencia da posibilidade de participar no deseño da cidade na que queren vivir, son aspectos que poden contribuír decisivamente a cambiar a nosa sociedade e son algunhas das cuestións que se abordarán nestas xornadas, que vos convidamos a compartir.

Continuar lendo →

Últimos días de presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020

Posted by / 20 mayo 2020 / Categories: Activa, coag, Noticias, Premios / -

Lembramos que o vindeiro 2 de xuño, ás 12,00 horas, remata o prazo para presentación de candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2020, tal e como se indica na Circular 6 2020. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube