O COAG personase como interesado en defensa das competencias da profesión, no P.O Nº 370/2019F no Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, procedemento iniciado por recurso contencioso administrativo do Colexio de Enxeñeiros de Camiños en impugnación da licitación do concello de Burela para a adxudicación do contrato de servizos de redacción de proxecto de execución das obras de reforma e ampliación do pabellón municipal Vista Alegre.
Arquivo para noviembre, 2019
O COAG presentou recurso contra a licitación do servizo de dirección de execución das obras de remodelación e dotación da Praza da Igrexa e Rúa das Escolas en Fornelos de Montes.
Tal e como se anuncia na Circular 21 2019, o vindeiro luns 2 de decembro, ás 23:59 h., remata o prazo para solicitar formar parte da Guía de Peritos Xudiciais da Unión Profesional de Galicia. Continuar lendo →
Edición sur: Pontevedra, 29 e 30 de novembro
…
A entrada en vigor da Lei 1/2019 de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación urbana de Galicia prové de novo un marco legal para os informes de avaliación de edificios nesta Comunidade Autónoma, despois de que a Sentenza 143/2017, de 14 de decembro de 2017, do Tribunal Constitucional deixaba sen efecto a regulación deste documento por carecer de referencia legal Autonómica.
Este curso abordará, nunha primeira parte, os aspectos xerais do informe (marco legal, contido, obrigacións), e profundarase a continuación, desde un enfoque práctico, sobre cada unha das tres materias que son obxecto de avaliación: o estado de conservación, a accesibilidade e a eficiencia enerxética. Continuar lendo →
Polo seu interese, refírense varias publicacións relativas, entre outras, ás condiccións de accesibilidade universal en espazos públicos e en instalacións deportivas.
No DOG de 25 de novembro publícase a orde do 10 de outubro de 2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. Continuar lendo →
O vindeiro 28 de novembro, terá lugar en Santiago de Compostela este encontro, baixo o título «Xestión e estratexias para unhas cidades históricas vivas e sustentables. A Área Atlántica como exemplo». Continuar lendo →
Este curso está orientado á xestión de pequenos estudos de arquitectura (entre 1 e 5 persoas) e ten como obxectivo que os alumnos adquiran ferramentas e capacidades para:
- Analizar os principais factores que determinan co custo real da actividade profesional e interveñen na rendibilidade do estudo.
- Xestionar todos os aspectos relacionados coa fiscalidade aplicada a este tipo de actividades: IRPF, IVE, confeccionar facturas, autoliquidar os impostos, llevanza de libros rexistros, coñecer que gastos orixinan o dereito á dedución no desenvolvemento da actividade económica, etc.
TINSA, Tasaciónes Inmobiliarias S.A., selecciona tasador externo para A Coruña. Continuar lendo →
Comentarios recientes