Este curso ten como obxectivo facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda no coñecemento dos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos seus diferentes ámbitos, tanto para arquitectos que comezan a súa actividade, como para aqueles que desexen actualizarse. Para iso, expóñense a nivel xeral os principais aspectos e os problemas máis habituais do exercicio profesional. Os contidos do curso artéllanse como un percorrido polos diferentes traballos que desenvolvemos:
- O proceso proxectual e construtivo, seguindo a secuencia habitual de desenvolvemento temporal das diferentes fases do traballo: as fases previas, o proxecto, a dirección de obra, etc.
- A tramitación municipal de obras e actividades (licenzas e outras autorizacións administrativas)
- O que chamamos «outros traballos», que inclúen os IAE, informes, dictámes, valoracións e taxacións, parcelacións urbanísticas, memorias de actividade, etc.
Comentarios recientes