TALLER DE INICIACIÓN do 31 de xullo ao 2 de agosto
Ciclo de talleres prácticos de recuperación de Revocos, Pinturas e Pigmentos Naturais.
Organizados polo Concello de Mondoñedo, xunto coa Asociación Batitales e o Museo do Cal de Morón Continuar lendo →
Arquivo para julio, 2019
A Universidade de Vigo está a construir no Casco Vello unha Sede Institucional e de I+D que ten por obxectivo achegar a Universidade á cidade e contribuir á súa rexeneración. O edificio, deseñado por abalo alonso arquitectos, está construido cunha estrutura de madeira contralaminada que ademáis é o acabado do edificio.
A Delegación de Vigo do COAG organiza, xunto coa Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, unha visita guiada ao edificio, que terá lugar o próximo venres día 19 de xullo, ás 12:30 da mañá, e na que xa non hai prazas dispoñibles. Á vista da excepcional acollida desta convocatoria, estamos a valorar a posibilidade de organizar unha segunda visita en datas próximas para os colexiados que non dispuxeron de praza na primeira. Continuar lendo →
Está dispoñible a gravación da mesa redonda.
Continuar lendo →
O Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España ten previsto organizar proximamente unha reunión de traballo cos responsables da Hermandad Nacional de Arquitectos na que se tratarán asuntos de interese para ambas entidades. Coa idea de recompilar outros posibles asuntos a tratar nesa reunión, ábrese un período para que os/as colexiados/as interesados/as participen, propoñendo á Xunta de Goberno do COAG asuntos a tratar nesa reunión de traballo para valorar a súa remisión ao CSCAE. Continuar lendo →
Entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo celebraranse en Rianxo estas xornadas nas que terán lugar varios talleres abertos á cidadanía e que contarán coa participación dunha ducia arquitectas, que ofrecerán a súa visión sobre como debe ser o urbanismo do futuro.
Do 2 de setembro ao 29 de novembro terá lugar o último dos cursos que este ano estamos a desenvolver co apoio da Fundación Biodiversidad a través do programa EmpleaVerde: o curso online + presencial «Emprego Verde nas Reservas de Biosfera: Recursos do Territorio e Ferramentas para a súa Posta en Valor».
A Universidade de Vigo está a construir no Casco Vello unha Sede Institucional e de I+D que ten por obxectivo achegar a Universidade á cidade e contribuir á súa rexeneración. O edificio, deseñado por abalo alonso arquitectos, está construido cunha estrutura de madeira contralaminada que ademáis é o acabado do edificio.
A Delegación de Vigo do COAG organiza, xunto coa Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, unha visita guiada ao edificio, que terá lugar o próximo venres día 19 de xullo, ás 12:30 da mañá.
Continuar lendo →
Infórmase que, debido ás vacacións do persoal, a Delegación de Vigo permanecerá pechada o luns 15 e o martes 16 de xullo. Por este motivo, excepcionalmente a delegación atenderá ao público o mércores 17 de xullo.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Debido al interés suscitado por la mesa redonda sobre la nueva «Ley de Rehabilitación de Galicia», se ha modificado el lugar de celebración para incrementar el aforo disponible. En este sentido, la misma tendrá lugar en el Auditorio del Museo das Peregrinacións na Praza de Praterías de Santiago de Compostela.
Por lo demás, se recuerda que la mesa redonda tendrá lugar el próximo 10 de julio, a partir de las 19:30 horas, y que en la misma se debatirán los aspectos más relevantes para la profesión.
Está dispoñible o nº 6, correspondente ao mes de xuño, do boletín de #NovasDeArquitectas #NoticiasDeArquitectas. Continuar lendo →
Comentarios recientes