Arquivo para diciembre, 2018

Resultado do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á actualización de normativa técnica e de urbanismo

Posted by / 12 diciembre 2018 / Categories: coag, Emprego, Normativa / 0 Comments

Conforme ao previsto na convocatoria do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á actualización de normativa técnica e de urbanismo, (circular 21/2018 de 18 de outubro), o pasado 4 de decembro reuniuse o tribunal configurado ao efecto de finalizar o proceso de selección, realizando as entrevistas aos candidatos que obtiveron maior puntuación nas fases anteriores (Valoración de méritos e Proba teórica e práctica).

Continuar lendo →

Participación telemática na Xunta Xeral ordinaria do 18 de decembro

Posted by / 12 diciembre 2018 / Categories: coag, Xuntas / 0 Comments

Para a participación telemática nesta Xunta Xeral, se non se fixo para xuntas anteriores, será preciso asinar, entregar e rexistrar o “compromiso de sinatura electrónica acordada” ate o 16 de decembro. Continuar lendo →

Concurso de fotografía en Instagram «Espacios Habitados COAM»

Posted by / 12 diciembre 2018 / Categories: Concursos, Noticias / 0 Comments

Abierta la convocatoria para el concurso de fotografía por Instagram «Espacios Habitados COAM» al que podrán concurrir todas aquellas personas mayores de 14 años, amantes de la Arquitectura y la fotografía, que estén interesadas. Continuar lendo →

Modificación da orde do día e documentación para a Xunta Xeral ordinaria do 18 de decembro

Posted by / 7 diciembre 2018 / Categories: coag, Noticias, Xuntas / 0 Comments

Tal e como se anuncia na Circular 25 2018, a Xunta de Goberno acordou a aprobación da documentación dos asuntos a tratar e A modificación da orde do día da Xunta Xeral ordinaria a celebrar o 18 de decembro.

Continuar lendo →

Conversa de Gallego vs Puente moderada por Quintáns “Lembranzas de Alejandro de la Sota” | Santiago, mércores 12, 19,00 h.

Posted by / 5 diciembre 2018 / Categories: coag, Noticias / 0 Comments

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa coa celebración do Día das Artes Galegas que a Real Academia de Belas Artes adica este ano 2018 a Alejandro de la Sota. Continuar lendo →

Peche das Delegacións de Ferrol e Ourense o día 7 de decembro

Posted by / 5 diciembre 2018 / Categories: coag, Delegación Ferrol, Delegación Ourense / 0 Comments

Infórmase de que as Delegacións de Ferrol e Ourense permanecerán pechadas o día 7 de decembro. Continuar lendo →

Oferta de emprego público 2018 | Deputación de Pontevedra

Posted by / 4 diciembre 2018 / Categories: Emprego / 0 Comments

No BOP-Pontevedra de 4 de decembro, anúnciase Resolución Presidencial de data 30 de novembro de 2018 aprobando a oferta de emprego público para o ano 2018, que comprende o número total de prazas de persoal funcionario de carreira e de postos de traballo de persoal laboral fixo que a seguir se detallan. Entre elas hai varias prazas de arquitecto. Continuar lendo →

Alegacións do COAG ao Anteproxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia

Posted by / 3 diciembre 2018 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

En relación ao trámite aberto para o envío de suxestións ao anteproxecto da Lei de Ordenación do territorio, o Colexio de Arquitectos remitíu o seguinte documento cara a unha reflexión sobre a proposta do anteproxecto da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia.

Alegacións do COAG.

Apertura de lista de espera para o curso | Aproximación a la metodología BIM PARA ARQUITECTOS

Posted by / 3 diciembre 2018 / Categories: Formación / 0 Comments

Logo de terse esgotado o número de prazas dispoñibles para a realización deste curso nas súa dúas edicións, comunícase a apertura dunha lista de espera para o caso de que se produzan vacantes. Continuar lendo →

Foro sobre Urbanismo e Mobilidade: Novas estratexias para vellas estradas

Posted by / 3 diciembre 2018 / Categories: Urbanismo / 3 Comments

Rianxo, 11 de decembro ás 18:00 h. Con este título preténdese dar a coñecer TRES PROPOSTAS levadas a cabo por tres equipos de arquitectos para converter treitos de estradas -nas que hoxe manda o automóbil- en lugares nos que sexa compatible o tránsito rodado coa vida das persoas Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube