Arquivo para octubre, 2017

Recurso da licitación da redacción PXOM do Concello de Cambre

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentou Recurso especial en materia de contratación en impugnación da licitación convocada polo concello de Cambre para a redacción do PXOM de Cambre.

RECURSO_LICITACION_PXOM_CAMBRE.pdf

O concello de Vilamartín de Valdeorras estima o recurso de reposición presentado polo COAG en impugnación da licitación para adxudicar o contrato de servizos de redacción do Plan Parcial da área de actuación SU-01 do PXOM

Posted by / 30 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Comunicación de acordo de estimación do recurso do COAG contra a licitación da redacción do Plan Parcial para o Desenvolvemento da Área de Actuación SU-01 do PXOM de Vilamartín de Valdeorras.

Enlace ao documento.

Imasgal. Curso online de ArchiCAD intensivo

Posted by / 29 octubre 2017 / Categories: Formación / -

El curso ArchiCAD: nivel iniciación + intermedio es una introducción sólida a las principales herramientas del programa. Permitirá al alumno desarrollar proyectos de edificación a nivel de Proyecto Básico enteramente en BIM con una metodología específica de trabajo. Pero más importante, enseñará como utilizar dichas herramientas de manera correcta y eficaz.

Del 2 de noviembre al 15 de diciembre

Continuar lendo →

Anuncio da contratación da dirección facultativa da obra e instalacións da construción do centro de día e residencia comarcal de Becerreá

Posted by / 24 octubre 2017 / Categories: Concursos / 0 Comments

No BOP de Lugo de 23 de outubro, anúnciase a contratación, por parte da Excma. Deputación de Lugo, da contratación da dirección facultativa da obra e instalacións da construción do centro de día e residencia comarcal de Becerreá, dividido en 3 lotes. Continuar lendo →

O COAG interpón recurso contencioso administrativo (en vía xudicial) en impugnación da licitación do concello ce Irixoa para adxudicar o servizo de asistencia técnica urbanística

Posted by / 11 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

O COAG presentara recurso de reposición en vía administrativa, sendo os principáis motivos de impugnación, os criterios de solvencia técnica na medida en que os pregos dispoñían que as funcións obxecto do contrato podían ser executadas indistintamente e en termos de igualdade por un Arquitecto ou por un Arquitecto Técnico. En opinión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dita previsión contida na cláusula 11.1 g) non respecta e vulnera a lexislación sobre as atribucións profesionais e a xurisprudencia ditada na medida en que, como se argumenta no recurso, os Aparelladores e Arquitectos Técnicos carecen de competencias para executar moitas das funcións incluídas no obxecto do contrato e outras poderían realizalas pero con limitacións.

Desestimado o recurso administrativo polo concello, o COAG presentou recurso contencioso administrativo.

Planeamento urbanístico outubro 2017

Posted by / 31 octubre 2017 / Categories: Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de outubro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →

Licitación do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra

Posted by / 25 octubre 2017 / Categories: Concursos / 0 Comments

No DOG de 25 de outubro, anúnciase a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo consistente na dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c. Continuar lendo →

Publicacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Posted by / 11 octubre 2017 / Categories: Publicacións / 0 Comments

O IGVS ven de editar dúas publicacións dirixidas á rehabilitación e á eficiencia enerxética das vivendas, que están dispoñibles para a súa consulta e descarga na web. Continuar lendo →

Desestimación do recurso de reposición presentado COAG contra o acordo de aprobación das bases da Convocatoria de adquisición de edificios e vivendas polo Concello de A Coruña

Posted by / 5 octubre 2017 / Categories: coag, COAGactua, Recursos / 0 Comments

Comunicación do acordo de desestimación do recurso de reposición interposto polo COAG contra o acordo do Concello de A Coruña de aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública para a adquisición polo concello de edificios de vivendas.

Acordo desestimación recurso.

Contratación do servizo consistente na redacción do PXOM do Concello de Cambre

Posted by / 17 octubre 2017 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

No BOP-A CORUÑA do 17 de outubro, anúnciase a contratación do servizo consistente na redacción do PXOM do Concello de Cambre, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con multiplicidade de criterios de adxudicación e con tramitación documentalmente simplificada. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube