A Xunta de Goberno do COAG, recolle e asume a proposta da nosa compañeira Elisa Otero Ouro.
As dantescas novas destes días en Galiza están no corazón e na mente de todos os galegos, que estamos sobrecollidos e indignados polos tráxicos sucesos que os incendios deixaron tras de sí. O noso colexio de arquitectos ten que solidarizarse cos veciños e veciñas, e colaborar ofrecendo apoio ás familias perxudicadas, co apoio de todos os que o sostemos. O colexio ten carencia dunha canle solidaria. Debería existir un proceso colaborativo onde todos os arquitect@s galegos interesados en axudar ás nosas familias despoxadas dos seus lares, teñan unha canle de apoio e comunicación. Moitos queremos e temos mans para ofrecer. O colexio é un dos nosos medios. Continuar lendo →
Comentarios recientes