O COAG presentou Recurso de reposición en impugnación da resolución publicada o 27 de setembro de 2017 de la Mesa de Contratación do Concello de Silleda baixo o título “Acta da mesa de contratación no concurso de ideas para a elaboración do proxecto de “Nova Casa Consistorial” na actual “Casa da Cultura” e do procedemento que se está a tramitar.
Arquivo para octubre, 2017
A AMTEGA, en colaboración coa ATEG, vén a organizar unha xornada de presentación da Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital.
Data: 17.10.2007
Horario: de 10:00 a 12:00
Tipo: presencial/telemática
A implantación real das infraestruturas de fogar dixital (IFD), como foi no seu día a das infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), require, máis aló das publicacións nos diarios oficiais, da divulgación oportuna para que os actores principais asuman a súa necesidade e execución.
É neste senso que o Colexio da traslado público desta xornada orientada a promotores e técnicos municipais, pois os Arquitectos, ben como coordinadores dos proxectos dos promotores, ben como técnicos municipais, representamos un mediador fundamental para tal implantación.
Planeamento urbanístico publicado no mes de setembro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →
Desde la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento nos informan de que ya está disponible a través del portal en Internet del Ministerio de Fomento el Boletín estadístico del Observatorio de Vivienda y Suelo correspondiente al segundo trimestre de 2017. Continuar lendo →
Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de outubro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →
El próximo martes 10 de octubre, de 17,30 a 19,30 horas, tendrá lugar esta charla diálogo en el Museo Centro Gaiás de la Cidade da Cultura de Galicia en Santiago. Continuar lendo →
No BOP-Pontevedra de 30 de outubro, publícase o anuncio e as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, por funcionario/a interino/a, dun posto de traballo de arquitecto/a pertencente ao cadro de persoal do concello de Vilanova de Arousa. Continuar lendo →
A Xunta de Goberno do COAG, recolle e asume a proposta da nosa compañeira Elisa Otero Ouro.
As dantescas novas destes días en Galiza están no corazón e na mente de todos os galegos, que estamos sobrecollidos e indignados polos tráxicos sucesos que os incendios deixaron tras de sí. O noso colexio de arquitectos ten que solidarizarse cos veciños e veciñas, e colaborar ofrecendo apoio ás familias perxudicadas, co apoio de todos os que o sostemos. O colexio ten carencia dunha canle solidaria. Debería existir un proceso colaborativo onde todos os arquitect@s galegos interesados en axudar ás nosas familias despoxadas dos seus lares, teñan unha canle de apoio e comunicación. Moitos queremos e temos mans para ofrecer. O colexio é un dos nosos medios. Continuar lendo →
O COAG presentou Recurso de reposición en impugnación da licitación convocada polo concello de Oza-Cesuras para a redacción do PXOM.
Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese da primeira quincena do mes de outubro de 2017.
Comentarios recientes