Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no apartado de Plans con período de consulta aberto, o documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, con carácter previo á elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que está dispoñible no seguinte ENLACE Así mesmo, nese apartado se indica que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017.
Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido.
Comentarios recientes