Arquivo para enero, 2017

Jornada «…a propósito de Manuel Gallego Jorreto». Vigo, 27 de enero

O próximo venres 27 de xaneiro celebrarase en Vigo a Xornada «…a propósito de Manuel Gallego Jorreto, coa participación de Manuel Gallego Jorreto, Josep Llinàs, Víctor López Cotelo, José Manuel López Peláez y Juan Navarro Baldeweg. O programa da xornada inclúe una visita guiada pola exposición da Fundación Barrié, unha mesa redonda na coa participación de Manuel Gallego e un encontro aberto. Continuar lendo →

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo: convocatoria da proba de selección dun arquitecto interino

Posted by / 18 enero 2017 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Infórmase  de que por parte da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, déusenos coñecemento da aprobación das bases da convocatoria dunha proba para a selección dun arquitecto interino e a elaboración dunha relación de arquitectos candidatos a ser nomeados de forma interina.

Continuar lendo →

Certificación Enerxética de Edificios

Posted by / 9 enero 2017 / Categories: Uncategorised / 0 Comments
certificacion-energetica
Comunícase a actualización de documentos na web do COAG trala entrada en vigor do decreto 128/2016 sobre certificación enerxética en Galiza, que vén a derrogar e substituír ó decreto 42/2009.
No apartado de Normativa, o decreto acompáñase dun informe sobre as súas novidades e implicacións.
Asi mesmo, en Tramitación telemática – Formularios, está disponible para a súa descarga o novo modelo de certificado-final-de-obra adaptado ó Decreto e que debe empregarse para tódolos certificados emitidos a partir do 19.10.2016 para obras de edificación amparadas no CTE e independentemente da data de remate da obra.

Continuar lendo →

Aviso festivos locais con motivo das festas do Entroido 2017

Infórmase que, por mor das festas do Entroido, esta semana permanecerán pechadas as delegacións que se indican, por mor dos festivos locais que se refiren:

  • Martes de Entroido (28 de febreiro), permanecerán pechadas as delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol.
  • Mércores de Cinza (1 de marzo), permanecerá pechada a delegación de Pontevedra.

Por outra parte, indícase que o martes 28 de febreiro, ao dispoñer de menos persoal por mor do peche das delegacións indicadas, a atención telefónica poderá verse afectada polo que se agradecería aos colexiados que na medida do posible empregasen a plataforma de consultas colexial para contactar co Colexio.

Continuar lendo →

Declaración do COAG ante o Derrubo da “Casa Guzmán” de Alejandro de la Sota

Posted by / 19 enero 2017 / Categories: coag, COAGactua, Declaracións / 6 Comments

A Xunta de Goberno do COAG, reunida en sesión 1/2017 de 18 de xaneiro, celebrada en Santiago de Compostela, tendo coñecemento do derrubo da Casa Guzmán do mestre Alejandro De La Sota, acordou por unanimidade emitir a seguinte declaración:

Declaración do COAG ante o Derrubo da “Casa Guzmán” de Alejandro De La Sota

Continuar lendo →

XXIIº CURSO DE URBANISMO AVNAU

Posted by / 16 enero 2017 / Categories: coag / Tags: / 0 Comments

Informamos da celebración do XIIº Curso de Urbanismo organizado pola Agrupación Vasco-Navarra de Arquitectos Urbanistas(AVNAU). Organización entre cuxos fins esta o defender os intereses profesionais e potenciar a práctica do Urbanismo e da Ordenación do Territorio.

Neste curso preténdese pasar da crítica á práctica. Para iso configurouse un programa de instrumentos urbanísticos e proxectos que tentan innovar sobre a fórmula tradicional de ver o urbanismo.

Continuar lendo →

JORNADAS TÉCNICAS: Metodología BIM con CYPE

Posted by / 15 enero 2017 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Charlas técnicas en A Coruña y Vigo donde se expondrán las nuevas herramientas de CYPE para el desarrollo de proyectos con la tecnología BIM. Se mostrará la plena compatibilidad entre el trabajo habitual con los programas de CYPE y el trabajo en BIM, dando a conocer la situación actual y nuevas tendencias del BIM para el desarrollo integral de proyectos, construcción, operación y mantenimiento.

Más información e inscripción: pinche aquí

Continuar lendo →

PLANEAMENTO. DECEMBRO 2016

Posted by / 12 enero 2017 / Categories: Urbanismo / Tags: , , , / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado en Decembro de 2016 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

Continuar lendo →

Actualizacións na web do CTE

Posted by / 11 enero 2017 / Categories: Asesoramento, Normativa, Visado / 0 Comments

O 23.12.2016 notificouse na web do CTE a actualización de varios documentos:

Procedeuse a actualizar os documentos básicos con comentarios DB-SI, DB-SUA, DB-HR e DB-HS.
Así mesmo, actualizáronse a Guía de aplicación do DB-HR e o documento de apoio DA DB-SUA/2 Adecuación efectiva das condicións de accesibilidade en edificios existentes.
Nova versión actualizada da ferramenta unificada líder-cálener HULC v1558.1124 .

Máis información no seguinte ENLACE Continuar lendo →

Concurso de Anteproxectos para rehabilitación de vivendas no lugar de Fondodevila

Posted by / 3 enero 2017 / Categories: coag, Concursos, Delegación Ourense / Tags: , / 35 Comments

O Concello de Parada de Sil, coa colaboración técnica do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, convoca concurso a nivel de anteproxecto, co fin de impulsar a rehabilitación do seu parque de edificacións tradicionais no núcleo rural de Fondodevila.

O obxecto é seleccionar a mellor proposta arquitectónica para a rehabilitación de varias construcións tradicionais  para vivendas de residenetes, así como o acondicionamento do seu entorno inmediato que servirá de base para a adxudicación do contrato de servizos de redacción do proxecto e dirección das obras e coordinación da Seguridade e Saúde

Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube