No BOP-Pontevedra de 11 de decembro, aparece o ANUNCIO do Concello de Pontevedra, do 22 de novembro de 2017, da licitación do servizo de responsabilidade e coordinación en materia de seguridade e saúde e prevención de riscos laborais nas obras de titularidade municipal. Continuar lendo →
Arquivo para 2017
O vindeiro luns 11 desenvolverase unha Xornada de Difusión da Guía de Cor e Materiais de Galicia, organizada polo Instituto de Estudos do Territorio, dirixida a técnicos da administración local.
A Xornada celebrarase no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura, a partires das 10:00.
Será exposto por membros do equipo redactor e trala exposición terá lugar un debate e cuestionario cos asistentes.
Comunicación de ACORDO de DESESTIMACIÓN do recurso de reposición interposto polo COAG contra a resolución do concello de Oza-Cesuras para a licitación mediante procedemento restrinxido da adxudicación do contrato para os servizos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oza-Cesuras.
O COAG presentou Recurso de reposición en impugnación da resolución publicada o 27 de setembro de 2017 de la Mesa de Contratación do Concello de Silleda baixo o título “Acta da mesa de contratación no concurso de ideas para a elaboración do proxecto de “Nova Casa Consistorial” na actual “Casa da Cultura” e do procedemento que se está a tramitar.
A AMTEGA, en colaboración coa ATEG, vén a organizar unha xornada de presentación da Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital.
Data: 17.10.2007
Horario: de 10:00 a 12:00
Tipo: presencial/telemática
A implantación real das infraestruturas de fogar dixital (IFD), como foi no seu día a das infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), require, máis aló das publicacións nos diarios oficiais, da divulgación oportuna para que os actores principais asuman a súa necesidade e execución.
É neste senso que o Colexio da traslado público desta xornada orientada a promotores e técnicos municipais, pois os Arquitectos, ben como coordinadores dos proxectos dos promotores, ben como técnicos municipais, representamos un mediador fundamental para tal implantación.
Planeamento urbanístico publicado no mes de setembro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →
Conforme ao indicado na circular 27/2017, infórmase da aprobación das cotas colexiais para o exercicio 2018, e da apertura do prazo de configuración das mesmas.
Para mais información, consultar o seguinte ENLACE. Continuar lendo →
En el próximo mes de enero de 2018 ha de procederse a renovar el cargo de Secretario General del Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España por expiración del mandato estatutario de su actual titular. Continuar lendo →
O Colexio está a preparar alegacións á Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia. Por tal motivo convídase aos colexiados interesados a aportar propostas ou suxerencias ate o 24 de novembro. Continuar lendo →
No BOP-Pontevedra e no DOG de 16 de novembro, aparece o anuncio de licitación para a contratación do servizo de redacción da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo. Continuar lendo →
Comentarios recientes