Arquivo para 2016

Imasgal. QGIS intensivo (nivel I y II)

QGIS es uno de los GIS de escritorio más importantes en el mundo de las tecnologías geoespaciales. Basado en código abierto, nos permite tener todas las capacidades de trabajo con información espacial de forma gratuita. QGIS dispone de una interfaz muy cuidada y estable, que nos permite trabajar con archivos vectoriales y raster de múltiples formatos, y la ejecución de análisis simples pero también abordar tareas complejas de investigación con datos georreferenciados. Continuar lendo →

Concurso de proxectos para a selección dun elemento identificativo para os colexios da Xunta de Galicia

O martes 14 de xuño tivo lugar a reunión do xurado do «Concurso de proxectos para a selección dun elemento identificativo para os colexios da Xunta de Galicia», convocado ao amparo do Convenio de colaboración subsrito entre o COAG e a Consellería de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria. O xurado resolveu conceder os seguintes premios:

Gañador: 

  • «INTERCONECTABLES», de Elena Gimeno Bayés, arquitecta colexiada nº 4549 no COAG.

Continuar lendo →

Habitar o campo en Galicia. Cursos de verán UDC

As transformacións económicas, sociais e políticas que teñen lugar dende a década do 1960 produciron profundos cambios nos territorios de matriz rural. Desta ruptura, deriva unha fonda transformación da relación entre o medio e os habitantes, dando como resultado modos de vida novos, diversos e cambiantes, que se desenvolven no marco das estruturas rurais preexistentes. Este curso pretende realizar unha reflexión teórica e unha análise práctica sobre estes modos de vida actuais no rural en Galicia, procurando vías para o desenvolvemento destes ámbitos. Continuar lendo →

Curso básico de limitación do consumo e a demanda enerxética CTE DB-HE e certificación enerxética de edificios [CEE] con CE3x y HULC

O cumprimento do CTE-HE así como a obtención da CEE (Certificado de Eficiencia Enerxética), tanto de proxecto, de edificio terminado como de edificacións existentes, no seu estado actual e reformado, fai que sexa precisa unha formación especializada para garantir o cumprimento de todas as esixencias normativas. Continuar lendo →

III CONGRESO DE EDIFICIOS DE ENERXÍA CASE NULA

Posted by / 2 junio 2016 / Categories: coag, CSCAE / Tags: / 0 Comments

Os próximos días 21 e 22 de xuño, celebrarase o III CONGRESO DE EDIFICIOS DE ENERXÍA CASE NULA, Foro de encontro profesional que abordará o estado actual dos Edificios de Alta Eficiencia e as implicacións que representan para o sector da edificación, a construción, a arquitectura e os servizos relacionados coa adopción total das Directivas europeas relativas á Eficiencia Enerxética dos Edificios.

Continuar lendo →

Patrimonio cultural e o Camiño de Santiago: protección e posta en valor

Entre o 4 e o 9 de xullo o Grupo Compostela de Universidades organiza, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o I CGU International Summer School «Patrimonio cultural e o Camiño de Santiago: protección e posta en valor».
Esta actividade académica, interdisciplinaria e internacional, está dirixida a estudantes e profesorado das universidades do CGU e a persoas con interese en arte, arquitectura, lexislación, protección patrimonial e nas posibilidades económicas e turísticas do Camiño de Santiago. Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 23

Posted by / 23 mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

01_OLLADAS NA RUA 23

Colexio dos Maristas.

VENRES 27 ás  19,00 h.

Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón.

Arquitecta: Laura Baraja Regueira.

Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa o Restaurante San Miguel.. Despois de percorrer varios lugares, como o edificio que alberga a actual subdelegación de defensa na rúa do paseo, cesaron a súa actividade na cidade no ano 1932, regresando no ano 1954 e inaugurando no ano 1958 as que a día de hoxe seguen sendo as súas instalacións, na rúa Bedoya. Desde o punto de vista urbanístico esa edificación supuxo un revulsivo para a cidade de Ourense, considerándose como crucial para “ mover o centro da cidade” cara a esa zona, xerando entre outras, as rúas Valle Inclán e posteriormente Ramón Cabanillas.

Revista Anexo nº 20 do CSCAE

Posted by / 18 enero 2016 / Categories: Asesoramento / Tags: / 0 Comments

18/01/2015. Polo seu interese refírese a última revista ANEXO do CSCAE, na cal se inclúen as seguintes cuestións:

1) Xustificación en proxectos da reacción ao lume de elementos construtivos, decorativos e de mobiliario do FIDAS. 2) Texto Refundido Lei do Solo e Rehabilitación Urbana. 3) Actualización DA DB-SUA/2. Accesibilidade en edificios existentes. 4) Nova Ferramenta Unificada LIDER-CALENER (HULC). 5) Novas Ferramentas de Certificación Enerxética. 6) CTE: Actualización DB. Declaracións ambientais.

Continuar lendo →

Xornada Técnica: Realidade do Sector da Construción e Inmobiliario e alternativas empresariais e profesionais para Arquitectos

O próximo mércores día 3 de febreiro o Instituto de Práctica Empresarial celebrará en Santiago de Compostela a xornada técnica: Realidade do Sector da Construción e Inmobiliario e alternativas  empresariais e profesionais para Arquitectos.

IPE é a Escola de Negocios con 20 anos de dedicación exclusiva ao Sector Inmobiliario e da Construción, pioneira en moitas materias e figuras como o Axente Promotor Residencial (categoría empresarial que emerxe abrindo oportunidades para emprender a infinidade de profesionais) ou novos modelos de negocio como o que se deriva de aplicar a Teoría da Triangulación (concibida e desenvolvida integramente polo Departamento de Estratexia e Política de Empresa de IPE) puxo en marcha nestes dous anos a través do seu brazo corporativo RAIC, institucións tales como o Banco de Chan Funcional, o Rexistro de Funcionalistas Inmobiliarios, MAR Real Está ou FI Consultores, desde as que se avoga pola reconversión do profesional vinculado á Industria Inmobiliaria. Continuar lendo →

Xornada sobre Técnicas e sistemas de rehabilitación para unha construción eficiente. InfoConstrucción e DPArquitectura

O magnífico showroom de Levantina no polígono industrial As Gándaras de Budiño no Porriño, Pontevedra, é o lugar elixido por InfoConstrucción e DPArquitectura para comezar o ciclo de xornadas de rehabilitación 2016, co que percorrerá máis de 25 localidades españolas.

As empresas Eclisse, Levantina, Trilux, Vaillant e Fundermax presentarán as súas solucións onde se poderán consultar dúbidas directamente aos relatores e ademais sortearase unha Tablet entre todos os asistentes. Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube