Autodesk Revit é un software BIM (Building Information Modeling) de modelado de información para a construción de edificios en tres dimensións. Está encamiñado a optimizar o tempo e os recursos no deseño e a construción. O modelo de edificio así xerado define a súa xeometría, relacións espaciais, información xeográfica, así como as cantidades e as propiedades dos seus compoñentes. Continuar lendo →
Arquivo para 2016
Planeamento urbanístico publicado no mes de Xaneiro de 2016 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluindo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.
Xa se poden consultar as listas de peritos do COAG para o ano 2016 en todas as súas modalidades no seguinte ENLACE
Comisaria del Cuerpo Nacional de Policía
Mestre Vide nº 4. Ourense.
Viernes 29 de enero 19,00 h.
Cidadán: Amable Valcarcel Alonso
Arquitectos: Luis Garayzabal y Luis A. Chao.
A Unión Profesional ven de publicar na súa web unha nota-resumo coas novidades para o ano 2016 en materia tributaria que convén lembrar e que afectan o subsector de servizos profesionais, a cal se pode consulta no seguinte ENLACE
Conforme ao indicado na circular nº 31/2015, coa cal se anunciou os acordos colexiais que iniciaron do proceso de devolución voluntaria da copia colexial para aqueles colexiados que poidan estar interesados lexitimamente en manter a mesma nos seus arquivos persoais, tras realizar o proceso de devolución das copias en papel obrantes en almacéns do COAG da Delegación de Vigo (expedientes da Delegación de Vigo e Santiago de Compostela), iníciase agora o proceso para a devolución das copias en papel obrantes na Delegación de Ourense.
Para obter mais información, podese consultar a circular nº 1/2016
Relación de planeamento urbanístico publicado no mes de Decembro de 2015 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluindo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.
As humidades estruturais provocan patoloxías nos edificios que poden chegar a ter consecuencias irreversibles para os cimentos e a estrutura dos mesmos. Por iso é polo que sexa un asunto de vital importancia para arquitectos e profesionais da construción.
Este curso – de dúas horas de duración – abordará que tipos de humidade estrutural son máis frecuentes na edificación: condensación, filtracións laterais e capilaridad. Desde distintos puntos de vista, explicaranse os perigos de cada patoloxía, a súa procedencia e posibles solucións definitivas. O proceso de diagnose é fundamental á hora de tratar problemas de humidade estrutural na edificación. Continuar lendo →
Comentarios recientes