A Fundación Barrié ofrece na súa sede de Vigo, desde o 28 de outubro de 2016 e ata o 5 de marzo de 2017, un novo proxecto cultural e educativo: a exposición MANUEL GALEGO. Arquitectura 1967-2015, a primeira retrospectiva do arquitecto galego e Premio Nacional de Arquitectura (1997). A exposición, comisariada polo propio autor e deseñada polo arquitecto e fotógrafo Pablo G. Picard, é unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudo de Manuel Galego Jorreto.
Comentarios recientes