O vindeiro venres día 6 de maio, ás 16.00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (pranta soto, Edificio universitario, Campus Universitario As Lagoas s/n) da cidade de Ourense e en convenio coa Vicerrectoría do Campus de Ourense, celebrarase a xornada ARQUITECTURAS DA AGUA.
Arquivo para mayo 4th, 2016
Planeamento urbanístico publicado no mes de Abril de 2016 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletíns Oficiais da A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.
Actualización da IUM (información urbanística municipal das catro provincias galegas). Novo informe colexial no que se reflicten os principais datos relativos ao estado urbanístico dos 314 concellos galegos: o seu plan urbanístico vixente principal, a afección ao caso da nova Lei 2/2016 do solo de Galicia; o seu estado de tramitación no caso de revisión do planeamento principal, o nome do equipo redactor; o nome, titulación e horario de atención ao público dos técnicos que atenden consultas urbanísticas; así como outros datos de interese de cada concello.
Para a súa elaboración solicitouse no seu dia, información telefónica en todos os concellos galegos, da FEGAMP, así como da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.
Dita información substitúe a anterior de abril de 2011, e os novos datos pódense consultar permanentemente na seguinte ligazón. Calquera suxestión ou rectificación ao respecto, pódese comunicar á seguinte dirección: ium@colexiodearquitectos.org
Comentarios recientes