Entre o 4 e o 9 de xullo o Grupo Compostela de Universidades organiza, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o I CGU International Summer School «Patrimonio cultural e o Camiño de Santiago: protección e posta en valor».
Esta actividade académica, interdisciplinaria e internacional, está dirixida a estudantes e profesorado das universidades do CGU e a persoas con interese en arte, arquitectura, lexislación, protección patrimonial e nas posibilidades económicas e turísticas do Camiño de Santiago. Continuar lendo →
Arquivo para mayo, 2016
Colexio dos Maristas.
VENRES 27 ás 19,00 h.
Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón.
Arquitecta: Laura Baraja Regueira.
Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa o Restaurante San Miguel.. Despois de percorrer varios lugares, como o edificio que alberga a actual subdelegación de defensa na rúa do paseo, cesaron a súa actividade na cidade no ano 1932, regresando no ano 1954 e inaugurando no ano 1958 as que a día de hoxe seguen sendo as súas instalacións, na rúa Bedoya. Desde o punto de vista urbanístico esa edificación supuxo un revulsivo para a cidade de Ourense, considerándose como crucial para “ mover o centro da cidade” cara a esa zona, xerando entre outras, as rúas Valle Inclán e posteriormente Ramón Cabanillas.
Curso orientado a estudantes e profesionais do sector da construción, arquitectura, enxeñaría e deseño de interiores, interesados en coñecer o proceso de elaboración dun proxecto de execución de espazos arquitectónicos co software Revit Architecture de AUTODESK.
Lembramos que o vindeiro luns día 13 de xuño, ás 14:00 h remata o plazo para presentación de propostas ao referido concurso, por parte dos colexiados previamente inscritos no mesmo.
Lembramos, así mesmo, que a presentación de propostas deberase realizar a través web colexial, no seguinte ENLACE. A presentación pecharase automaticamente na hora sinalada. Neste sentido, recomendamos aos colexiados realizar a subida da documentación da proposta coa suficiente marxe respecto ao peche do prazo. Continuar lendo →
GRAPHENSTONE e DISPAINT organizan estas xornadas técnicas de presentación sobre «O grafeno en revestimentos e morteros de cal, solucións flexibles, resistentes, transpirables, anti fungí, anti condensación e conductivas» para os seguintes días: Continuar lendo →
Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.
Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.
As novas preocupacións por cuestións relacionadas pola eficiencia enerxética e a sustentabilidade non deben facernos esquecer a relación do edificio e a súa contorna.
É necesario reflexionar sobre a forma de actuar nos nosos edificios, nas nosas cidades, no noso rural….na nosa paisaxe. A oportunidade que xorde coa rehabilitación do parque edificatorio pode aproveitarse entre outras para rexenerar espazos urbana e socialmente degradados, para poñer en valor a arquitectura tradicional ou para fixar poboación nos centros históricos e no rural. Continuar lendo →
En Colaboración coa empresa Ara Formación, informamos da celebración dun Curso nivel básico de REVIT que dará comenzo o próximo mércores 18 de Xuño de 2016.
PRAZAS LIMITADAS
Conforme ao indicado na circular nº 31/2015, coa cal se anunciou os acordos colexiais que iniciaron do proceso de devolución voluntaria da copia colexial para aqueles colexiados que poidan estar interesados lexitimamente en manter a mesma nos seus arquivos persoais, tras realizar o proceso de devolución das copias en papel obrantes en almacéns do COAG da Delegación de Vigo (expedientes da Delegación de Vigo e Santiago de Compostela) e Ourense, iníciase agora o proceso para a devolución das copias en papel obrantes na Delegación de A Coruña.
Duración: 12 horas .
Datas: 10 e 11 de xuño de 2016
Horario : Venres 16h: 00 a 20h: 30; Sábado de 10h:00 a 14h : 00 e 16h ás 21h .
Lugar : Sede AFUNDACIÓN
Augusto González Besada nº. 2. Pontevedra .
Comentarios recientes