Curso orientado a estudantes de arquitectura, arquitectos, deseñadores, enxeñeiros e público en xeral interesados no modelado dixital do campo da arquitectura e o deseño.
Rhinoceros 3D é unha ferramenta de software para modelado en tres dimensións baseado en NURBS comunmente usado para o deseño industrial, a arquitectura, o deseño naval, o deseño de xoias, o deseño automotriz, enxeñaría, así como na industria do deseño gráfico e multimedia. Continuar lendo →
Arquivo para diciembre 18th, 2015
Curso orientado a estudantes e profesionais do sector da construción e a arquitectura interesados en coñecer o proceso de elaboración dun Proxecto de execución de estrutura co software de CYPE enxeñeiros. Continuar lendo →
Praza e Capela de San Cosme, Museo e Belén de Arturo Baltar.
Mércores 23 de decembro 19,00 h.
Cidadá: Mª Mercedes Gallego Esperanza
Arquitecta: Paula Feijóo Calviño.
A Capela de San Cosme e San Damián foi fundada no 1251 polo cirurxián Juan Lérez, e era un conxunto de pequena igrexa e hospital. Éste era de estilo plateresco, mentras que a capela é claramente de estilo renacentista.
No ano 2010 remodélase por completo a capela, así como o edificio anexo para albergar o Belén de Arturo Baltar e unha parte significativa da súa obra.
O Belén de Baltar como así se lle coñece representa escenas tradicionais do mundo rural e esta feito de figura de barro cocido. Anteriormente no ano 1969 colocouse no Museo Arqueolóxico, na década dos 70 pasa a instalarse durante o Nadal xunto ao Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, sendo en 1980 cando definitivamente instálase na Capela de San Cosme e San Damián como un conxunto escultórico de gran beleza.
Comentarios recientes