Arquivo para marzo, 2014

Convenio de colaboración con el Concello de Ourense para realización de ITEs

Posted by / 21 marzo 2014 / Categories: coag, Edificación, Emprego / 0 Comments

Convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Ourense e os Colexios Oficiais de Arquitectos de Galicia, delegación de Ourense, e de Aparelladores, Arquitectos Técnicos i Enxeñeiros de Edificación de Ourense para o cumprimento efectivo da obriga de realizar a Inspección Técnica de Edificios.

Continuar lendo →

Rehabilitación de casa y entorno. Corcubión

Posted by / 21 marzo 2014 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

CREUSeCARRASCO

Rehabilitación e renovación dunha vivenda e as súas construcións auxiliares, situada na parte alta dunha ampla parcela con pendente ao mar. A intervención diversifica a súa mirada e xera límites e cruces entre espazos, facendo explícita a relación entre o que existe e aparece, valores tratados coa mesma intensidade cara a unha nova permanencia. Continuar lendo →

Alegaciones a la aprobación inicial del PXOM de Ourense

Posted by / 20 marzo 2014 / Categories: Alegacións, coag, COAGactua, Urbanismo / 0 Comments

Dende a aprobación inicial do PXOM de Ourense no Pleno Municipal do devandito Concello, en sesión extraordinaria do día 8 de novembro de 2013 (DOGA núm. 228 do 28 de novembro de 2013), e a súa entrada en fase de exposición pública, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa delegación de Ourense, representado polo seu presidente D. Alberto de Paula Prieto, realizou un labor de revisión do Plan Xeral co fin de presentar un documento de alegacións dentro do prazo e forma establecido para tal fin. Continuar lendo →

Dispoñible a nova Ferramenta unificada LIDER-CALENER

Posted by / 19 marzo 2014 / Categories: coag / 0 Comments

Esta ferramenta inclúe a unificación nunha soa plataforma dos programas xerais oficiais empregados ata a data para a avaliación da demanda enerxética e do consumo enerxético (LIDER-CALENER), así como a adaptación destas aplicacións aos cambios introducidos polo DB-HE do ano 2013. Continuar lendo →

Nota Oficial sobre as ferramentas informáticas para xustificar o novo DB-HE

Posted by / 19 marzo 2014 / Categories: coag / 0 Comments

Ante a aplicación obrigatoria a partir do 13 de marzo do novo DB HE, fíxose pública na web oficial do CTE unha nota informativa da Subdirección Xeral de Arquitectura e Edificación do Ministerio de Fomento co obxecto de clarificar e informar sobre as cuestións que poidan xurdir en relación cos métodos informáticos para a verificación das esixencias de limitación de demanda e consumo enerxético establecidas no Documento Básico de Aforro de Enerxía DB-HE. Continuar lendo →

Exposición Paisaxes Próximas. DÚAS CASAS

Posted by / 19 marzo 2014 / Categories: Axenda, coag, Cultura / 0 Comments

«Paisaxes Próximas» preséntase na sala da Delegación do COAG en A Coruña (c/ Federico Tapia 64), dende ó 13/3/14 ata ó 11/4/14, como un anexo á exposición DÚAS CASAS que se celebra ao mesmo tempo na Librería Formatos (Av.Fernandez Latorre 5/9). Continuar lendo →

Curso práctico ITE sobre a Ordenanza do Concello de Ourense

Posted by / 31 marzo 2014 / Categories: coag, Cursos, Delegación Ourense, Formación / Tags: , , / 1 Comment

Dende a delegación de Ourense do COAG convócase este curso práctico co fin de coñecer os criterios, procedementos e responsabilidades que como arquitectos teremos na elaboración das inspeccións técnicas de edificios, e para que todos os colexiados dispoñan do curso de formación requirido no convenio de colaboración asinado o 22 de outubro de 2013 entre o Excmo. Concello de Ourense e o COAG. O devandito curso celebrarase os días 10 e 11 do mes de abril, e o número de prazas está limitado a 50.

Para máis información e inscricións premer no seguinte enlace

Inspección Técnica de Edificios en Galicia. Relación de documentación

Continuar lendo →

Premio de Paisaje Rosa Barba

Posted by / 20 marzo 2014 / Categories: coag, Concursos / 0 Comments

Convócase o Premio de Paisaje Rosa Barba, patrocinado pola Fundación Banc de Sabadell e inscrito no marco da 8ª Bienal internacional del Paisaje: Un Paisaje para ti, que se celebrará o 25, 26 e 27 de setembro de 2014 en Barcelona.

 A convocatoria de Presentación ábrese a proxectos de paisaxe e planeamento creados no mundo entre os anos 2009 e 2014.

 Continuar lendo →

Obradoiro de NENOARQUITECTURA

Posted by / 24 marzo 2014 / Categories: Axenda, coag, Cultura / Tags: , / 0 Comments

FUNDACIÓN LUIS SEOANE. A CORUÑA

Aberto o prazo de inscricións para o terceiro trimestre dos obradoiros de NENOARQUITECTURA, un proxecto educativo dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 9 anos que busca dar a coñecer aos máis pequenos aspectos básicos do urbanismo e a arquitectura de forma lúdica empregando os módulos de construción do Sistema Lupo. Continuar lendo →

Ourense…OLLADAS NA RÚA 1

Posted by / 25 marzo 2014 / Categories: Axenda, coag, Delegación Ourense / Tags: , , / 0 Comments

MARZO 2014

O próximo venres 28 invitámoste á 1ª OLLADA NA RÚA. Terá lugar na C/ Curros Enríquez nº1 para falar e reflexionar sobre o edificio da Torre de Ourense, obra do arquitecto Antonio Alés Reinlein. Para iso contaremos coas visións de Moncho Conde Corbal dende o punto de vista do cidadán e de José Javier Suances Pereiro dende o punto de vista do arquitecto.
¿MIRAMOS TODOS XUNTOS E CONTÁMONOLO? Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube