Axenda
Boletín de Información 1 - 2020


Colexio | Concursos| Emprego| Normativa


Colexio

Remate do prazo para a inscrición nas listas de peritos 2020

Publicación: 7 de xaneiro  
Ultimos dias peritos 2020 Lembramos que a data para a inscrición nas Listas de peritos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o ano 2020, remata ás 23:59 h. do vindeiro 9 de xaneiro
Enlace á noticia.

Falecemento de Andrés Fernández-Albalat Lois

Publicación: 30 de decembro  
Falecemento Albalat Lamentamos comunicar o falecemento o pasado día 29 do noso benquerido compañeiro Andrés Fernández-Albalat Lois, decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Desde o equipo colexial queremos expresar o noso profundo pesar por tan sensible perda. 
Enlace á noticia.

Apertura do prazo para a configuración da colexiación 2020

Publicación: 20 de decembro  
Apertura configuracion cuota colexial Infórmase que, segundo se indica na Circular 26 2019, está aberto o prazo para a configuración da colexiación para o exercicio 2020, que rematará o 26 de xaneiro.

Enlace á noticia.

Recurso de reposición licitación da sede do Instituto Galego de Física e Altas Enerxías

Publicación: 19 de decembro  
Convenio Xera O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación para adxudicar o contrato de servizos para a redacción do proxecto básico e do proxecto de execución de reforma e ampliación da sede do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. 
Enlace á noticia.

Concursos

Fallo do concurso de ideas para remodelación no Parlamento de Galicia

Publicación: 23 de decembro  
Fallo Concurso Parlamento Os compañeiros Tejedor y Otero Arquitectos, SLP, resultaron gañadores do Concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a remodelación da recepción de visitas e humanización e mellora da accesibilidade para unha sede aberta do Parlamento de Galicia.

Enlace á noticia.

Emprego

Ofertas de emprego público para arquitectos/as

Publicación: 8 de xaneiro  
Ofertas emprego publico Relación de ofertas de emprego público, con prazas para arquitectos/as, publicadas no mes de decembro. 

Enlace á noticia.

Oferta de formación por beca

Publicación: 19 de decembro  
Oferta de emprego Estudio de arquitectura de A Coruña selecciona arquitecto/a según condiciones de la beca FUAC.

Enlace á noticia.

Normativa

Publicada la modificación del Código Técnico de la Edificación

Publicación: 30 de diciembre  
Publicada modificacion CTE El Consejo de Ministros ha aprobado el Real Decreto que modifica el Código Técnico de la Edificación.

Enlace a la noticia.

Normativa e acordos de interese publicados en boletíns no mes de decembro de 2019

Publicación: 8 de xaneiro  
Normativa decembro Publicada na zona de normativa a listaxe da Normativa de interese do mes de decembro de 2019. Dita listaxe, estará disponible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, no seu lado esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web colexial.

Enlace á noticia.

Planeamento urbanístico – decembro 2019

Publicación: 8 de xaneiro  
Planeamento decembro Planeamento urbanístico publicado no mes de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

Enlace á noticia.

xov

09

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020

xov

09

23:58

Remate prazo inscrición Listas de Peritos COAG

xov

16

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020

xov

23

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020

dom

26

23:45

Remate prazo configuración colexiación 2020

xov

30

10:00

[cur SA] ...Curso Superior de Técnico de Urbanismo 2019-2020


Boletíns anteriores na web
Twitter
Facebook
Instagram

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 2º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720