Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia


Boletín de información [nº 10 - 2017]

Colexio

Apertura período de consultas sobre o “Plan Básico Autonómico” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: creación de grupo de traballo colexial e achega de suxestións

Publicación: 9 de agosto de 2017  
Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, indicando que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017. Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido. Enlace á noticia.

Escrito remitido ao Concello de Silleda en relación co anuncio da convocatoria do concurso para o deseño do novo consistorio

Publicación: 8 de agosto de 2017  
Coag Actua O Colexio presentou un escrito no Concello de Silleda en relación coas manifestacións en prensa do Sr. Alcalde relativas ao acordo de convocar un concurso de ideas restrinxido para o deseño do novo edificio da casa consistorial. Enlace á noticia.

Recurso de reposición contra a convocatoria polo Concello de Mugardos das “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a

Publicación: 8 de agosto de 2017  
Coag Actua O Colexio presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución da Alcaldía, pola que se aproba a convocatoria e “bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a” Enlace á noticia.

Semana Grande 2017 na Delegación de Pontevedra (14 ao 18 de agosto)

Publicación: 7 de agosto 2017  
Infórmase que, con motivo da semana grande das festas en Pontevedra, o horario de atención na delegación colexial en Pontevedra do 14 ao 18 de agosto (ambos inclusive), tanto presencial como telefonicamente, será de 10:00 a 13:00 horas.
Enlace á noticia.

Festivo local en Vigo e Santiago de Compostela o mércores 16 de agosto

Publicación: 7 de agosto de 2017  
O mércores 16 de agosto, con motivo da festividade de San Roque, festivo local en Vigo e Santiago, permanecerán pechadas a Sede colexial así como as delegación de Vigo e Santiago.
Enlace á noticia.

 

Peche da Delegación de Ferrol do 7 ao 25 de agosto, ambos inclusive

Publicación: 31 de xullo de 2017  
Por mor das vacacións do persoal, comunícase que as oficinas da Delegación en Ferrol do COAG permanecerán pechadas do 7 ao 25 de agosto, ambos inclusive.

 

Atención colexial durante o mes de agosto: recomendación de contacto a través da plataforma de consultas

Publicación: 26 de xullo de 2017  
Infórmase que, durante o mes de agosto, debido á redución de efectivos por mor do desfrute das súas vacacións polo persoal, a capacidade de atención telefónica e presencial do Colexio verase reducida, polo que se recomenda realizar calquera consulta ou solicitude a través da plataforma de consultas colexial... Enlace á noticia.

Emprego

Concello de Oia: licitación de servicio de redacción da adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016

Publicación: 9 de agosto de 2017  
O BOP de A Coruña de 7 de agosto, inclúe o anuncio do acordo do Concello de Oia de 22 de xuño de 2017 de convocatoria do procedemento licitatorio para o servizo de redacción da adaptación do borrador de plan xeral de ordenación municipal de Oia á lei 2/2016, por procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, e tramitación ordinaria.
Enlace á noticia.

 

Concello de Ortigueira: bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego

Publicación: 9 de agosto de 2017  
O BOP da provincia de A Coruña de data 8 de agosto de 2017, publica o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ortigueira, na súa sesión do día 26 de abril de 2017, aprobaronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto en chamamento interino e creación de bolsa de emprego.
Enlace á noticia.


 

Concello de Ponteareas: convocatoria para a provisión como funcionario interino para o nomeamento de técnico coordinador/a do programa de desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas Hábitat Saudable”

Publicación: 7 de agosto de 2017  
O pasado 3 de agosto, o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (nº 148), publicou a Resolución da Alcaldía do Concello de Ponteareas aprobando as Bases reguladoras, para a contratación como funcionario interino dun posto de Coordinador do Programa de Desenvolvemento urbano sustentable e integrado “Ponteareas hábitat saudable”.
Enlace á noticia.


 

Oferta de emprego

Publicación: 04 de agosto de 2017  
Alia Tasaciones, S.A, empresa que realiza tasacions de inmobles a nivel nacional, selecciona a un arquitecto na provincia de Lugo,  para traballar  en condicións de colaborador-autónomo, realizando tasacions.
Enlace á noticia.

Universidade de Vigo. Licitación proxecto de rehabilitación do edificio Faraday (ETEA)

Publicación: 5 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 14 de agosto de 2017*
Edificio Faraday No DOG do 5 de xullo inclúese anuncio da Universidade de Vigo, en relación a contratación do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do edificio Faraday na ETEA en Vigo.
Enlace á noticia.

*Corrección de erros: Por error, nos dous boletíns de información anteriores, se indicou como data de entrega o 21 de agosto, cando en todo momento a data correcta é o 14 de agosto, tal como se indicou en todo momento na noticia na web, asíi como na publicación do DOG que figura na mesma.

Formación

Imasgal. Revit intensivo verano

Online, 45 h. clases webinar. Del 14 de agosto al 14 de septiembre
Curso Revit intensivo Este curso permite al alumno adquirir los conocimientos necesarios para abordar la arquitectura de un proyecto de edificación en un entorno BIM con el software Autodesk Revit.
Enlace á noticia.

Ofertas

Oferta de software PREOC 2017 + PREMETI 2017

Publicación: 26 de xuño de 2017 Ata o 30 de outubro de 2017
Oferta software Preoc e Premeti 2017 A empresa Atayo ofrece aos colexiados, cun 38 % de desconto, a base de prezos de construcción PREOC 2017 e o programa de medicións e presupostos PREMETI 2017 a un prezo de 220 € mais IVA.
Oferta especial ata o 30 de outubro de 2017.
Enlace á noticia.

Premios

Premio UICM a profesionais colexiados para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións 

Publicación: 12 de xullo de 2017 O prazo de presentación remata o 2 de outubro de 2017
Premio UICM A Unión Interprofesional de la Comunidad de Madrid, acordou instaurar este Premio para galardoar o mellor artigo, ensaio ou libro sobre colexios profesionais e o exercicio das profesións, publicado en 2016. Poderán optar ao Premio os profesionais colexiados de calquera Colexio Profesional de España.
Enlace á noticia.

Convocado o Premio de Arquitectura Española Internacional 2017

Publicación: 6 de xullo de 2017 Presentación de traballos ata o 15 de setembro
PAEI 2017 A terceira edición dos Premios de Arquitectura Española Internacional está promovida polo Foro da Arquitectura Española do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España -Foro CSCAE- , baixo a presidencia de honra do Ministro de Fomento do Goberno de España.
Enlace á noticia.

Convocado el Premio de Urbanismo Español 2017

Publicación: 5 de xullo de 2017 Presentación de traballos ata o 15 de setembro
PUE 2017 O CSCAE convocou o Premio de Urbanismo Español 2017, que ten por obxecto recoñecer a calidade daqueles traballos, realizados por equipos profesionais dirixidos por arquitectos españois, de plan ou de urbanización de espazos públicos realizados en España.
Enlace á noticia.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga
15704 Santiago de Compostela
correo-e: secretaria@colexiodearquitectos.org
Tel.: 981 552 400 - Fax: 981 594 720

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmalle de que os datos que figuran nesta comunicación están incluidos no arquivo "colexiados", que ten como titular ao Colexio de Arquitectos, coa finalidade de contestar ás consultas e de ofrecerlle información sobre as actividades e servizos da organización colexial. Pode exercitalo dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición na dirección: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Protección Datos. Praza da Quintana 1. 1º, Casa da Conga. 15704 Santiago de Compostela ou por email a: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
En relación co artigo 22 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico, pode darse de baixa da lista de distribución do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, enviando unha mensaxe á dirección: protecciondatos@colexiodearquitectos.org
A nosa política de privacidade está dispoñible en: www.coag.es/avisolegal.asp





 

*|REWARDS|*