Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo: convocatoria da proba de selección dun arquitecto interino

Posted by / 18th Enero 2017 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Infórmase  de que por parte da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, déusenos coñecemento da aprobación das bases da convocatoria dunha proba para a selección dun arquitecto interino e a elaboración dunha relación de arquitectos candidatos a ser nomeados de forma interina.

As bases pódense consultar no seguinte ENLACE da web colexial, non obstante, indícase que as mesmas serán publicadas proximamente no apartado de ofertas de emprego da web do Concello de Vigo (www.vigo.org).

Os interesados poderán presentar, no prazo de 7 días naturais (a contar da publicación na prensa do anuncio da convocatoria), as súas solicitudes no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo, achegando fotocopia do D.N.I.

As consultas sobre esta convocatoria, deberán achegarse á propia Xerencia Municipal no teléfono 986810346.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que estando admitidos os Arquitectos para participar se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies