Ourense. Olladas na rúa 29

23 Xan 2017

Teatro Principal.

Rúa da Paz nº 9.

VENRES 27  ás 19,00 h.

Cidadá:  Olga Mojón Costela.

Arquitecta: Sandra González Rodríguez.

Este pequeno e coqueto Teatro construido no ano 1830 seguindo os modelos dos teatros italianos, situase no cerne do  casco histórico ourensan, e ten sido o centro da vida cultural, social e política da cidade auriense.

Mandouno construir Santiago Sáez, por despeito a outro local no que non lle deixaban pasar.

O longo da súa historia ten sufrido diferentes remodelacións. Probablemente a que lle deixou unha maior pegada realizouse no ano 1915 para transformalo en cinematógrafo.   A última, do ano 1990 e baixo a tutela do arquitecto Emilio Fonseca Moretón, recupera e pon en valor un espazo que có paso do tempo tiña mudado dun xeito sustancial, incorporando nos seus teitos os frescos do xenial pintor ourensán Xaime Quessada.

Compartir