Ourense. Olladas na rúa 15.

0
Posted by / 21 septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Volvemos…. seguimos coas OLLADAS.

01_OLLADAS NA RUA 15

A Praza da Madalena.

Venres 25 de setembro, 19,00 h. Praza da Madalena.

Cidadan: Luis Orero Grandal.

Arquitecta: Elsa E. Borbujo Marín.

 

«O espírito da paz. Hai uns anos derrubouse aquí unha vella casa, caída ó chan como caen os soños cando esperta o día cheo de incertezas. Seica este lugar foi de antigo a claustra da igrexa de Santa María Madre; logo foi cemiterio medieval e aínda mercado dende mediados do século XIX. É a praza da Magdalena, para Xesús Ferro Couselo, que traballou ó seu carón, o curruncho máis romántico da cidade: é doado coincidir co egrexio arquiveiro. Tamén Vicente Risco se emocionou coa paz e a beleza do seu fermoso cruceiro, que procede da Alameda do Cruceiro. Segundo conta Afonso V. Monxardín no século XVII querían poñerlle portas en Santa María Madre porque, di unha carta ó Correxedor de 1624, ‘ las noches se cometen allí feos y graves pecados usando mal del lugar tan pío’. Hoxe é un dos centros simbólicos da nosa cidade histórica, aínda que moitos ourensáns o ignoren. Nin sequera os poetas lle prestaron os seus versos: é ben sorprendente. Pero tamén reclamo que nunca perda o espírito da paz que impregna a súa fisionomía, a lenta vaguidade das súas sombras e o fecundo silencio das súas pedras enchoupadas de eternidade.»

Marcos Valcárcel.

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información sobre protección de datos

​Responsable: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Finalidad: Controlar spam, gestión de comentarios.Legitimación: Consentimiento del interesado/a. Destinatarios: Se comunicarán los datos a los destinatarios legalmente previstos y a encargados del tratamento del COAG. Derechos: Tiene derecho a acceder, rectificar o suprimir los datos, así como otros derechos, como se explica en la información adicional. Información adicional: Puede consultar la información adicional y detallada sobre Protección de Datos en

http://www.coag.es/tratamentodatos/?id=1&lang=es

Nuestra política de privacidad está disponible en: http://portal.coag.es/aviso-legal

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram