Convocatoria de quenda de arquitectos colexiados no COAG para a catalogación de centros de ensino públicos

Posted by / 23rd Mayo 2017 / Categories: coag, Emprego, Noticias, Sin categoría, Uncategorised / 0 Comments

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinaron o 11 de maio de 2016 un convenio de colaboración para a realización de diferentes actuacións documentais e de mellora e eficacia técnica nas edificacións, instalación e equipamentos educativos públicos, competencia da Xunta de Galicia, nas catro provincias galegas.

Executada xa a primeira fase do convenio, consistente na realización dunha imaxe corporativa única para os diferentes centros educativos, procede agora acometer a FASE II do convenio consistente na CATALOGACIÓN DE CENTROS.

Neste sentido, o convenio dispón entre as obrigas que asume o Colexio a convocatoria e xestión dunha quenda entre os seus Arquitectos colexiados para a catalogación dos centros educativos das catro provincias galegas que a Consellería indique.

Conforme ao anterior, organizaranse catro listas de ámbito territorial coincidente coas catro provincias galegas. Cada arquitecto poderá inscribirse nas listas que considere oportunas, pero recoméndase a inscrición na lista ou listas que corresponda á provincia onde radique o domicilio profesional do inscrito, ao obxecto de racionalizar os gastos e os tempos de desprazamento en que se incorra para as visitas aos centros a inspeccionar, no seu caso. Non obstante, en caso de inscribirse en varias listas, o feito de recibir un encargo en calquera de elas, implicará que o colexiado pasará a ocupar o último lugar no resto de listas nas que figure inscrito.

Todos os colexiados interesados, que cumplan os requisitos establecidos na correspondente convocatoria, poderán inscribirse na referida quenda ata as 23:59 horas do próximo mércores 31 de maio de 2017.

Para obter mais información sobre os termos da convocatoria e realizar a inscripción, deberase pulsar no seguinte ENLACE

Calquera consulta sobre esta convocatoria, poderase realizar a través da plataforma de consultas colexial no seguinte ENLACE

About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter