Todas as entradas con 2011

Casa X2. Reforma y ampliación de vivienda unifamiliar. Barro

Posted by / 13th Mayo 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , , / 0 Comments

Patricia Muñiz+Luciano G. Alfaya

O proxecto parte da idea dunha progresiva disolución dos elementos que habitualmente configuran os cerramentos dunha residencia. Para iso recupéranse os muros da vivenda tradicional e na ampliación desenvólvese unha fachada continua, de formigón e sen unións, que sitúa os ocos para conseguir un mellor aproveitamento do soleamento. Continuar lendo →

Pabellón Polideportivo en Fontiñas. Santiago de Compostela

Terán y Blanco. Taller de Arquitectura

O encargo foi construír un pavillón polideportivo na periferia dun plan parcial, nunha parcela residual e cun salto de cota de 6 metros, apertada entre traseiras de vivendas e o valo dun colexio. Continuar lendo →

Restaurante llallas e taguín. Xinzo de Limia

Santiago Barge Ferreiros

Recíbese o encargo de realizar un restaurante na planta baixa dun edificio de vivendas situado na zona antiga de Xinzo de Limia (Ourense); debido á súa situación ao lado da igrexa trátase dun exercicio de respecto co lugar e composición coa edificación existente. Continuar lendo →

Dos viviendas, un estudio y un local de coworking y eventos. Vigo

Ramón Viéitez Rodríguez

Este proxecto supuxo a construción dun pequeno edificio nunha das rúas con máis pendente do centro de Vigo. Antigamente coñecida polos seus prostíbulos hoxe conserva os seus atributos de centralidade pero con edificacións que pouco ou nada respectaron as antigas fachadas de pedra. Continuar lendo →

Vivienda unifamiliar en Reboira. Vilarmaior

Enrique Blanco+Patricia Sabín

Pequena vivenda unifamiliar, que se incrusta no terreo onde se constrúe. Un fogar sinxelo e luminoso, con materiais duros ó uso e amables ó trato. Continuar lendo →

Rehabilitación de vivienda unifamiliar. Noia

Álvaro Marín+Alfonso Castro

A Barro_House nace como unha resposta sinxela a un ámbito con carácter e unhas impresionantes vistas sobre a ría de Noia. Unha fachada sinxela pero rotunda nace coa vontade de dar unha resposta actual pero integradora, impregnándose da frescura das construcións do lugar. Continuar lendo →

9 viviendas en hilera. Mugardos

Posted by / 19th Abril 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , , / 0 Comments

Jorge Salgado Cortizas

Un barrio de casas humildes cunha arquitectura digna da que o seu ámbito carece, é o lugar. A parcela está situada no barrio de Sta. Lucia, na intersección das rúas Federico Mallo con Eduardo Pondal onde a mediados do século pasado se construíron unhas magníficas vivendas sociais de planta baixa e unha planta alta, co seu patio na parte posterior. O barrio posúe unhas extraordinarias vistas sobre a enseada de Mugardos e a entrada da ría de Ferrol, vixiada polos castelos de La Palma e San Felipe. Continuar lendo →

Edificio dotacional CITEXVI. Vigo

Alfonso Penela Arquitectos

Un grande porta contedores lixeiro, transparente,
luminoso, á espera de cargas.

Atracado dando resposta á xeomorfoloxía
inmediata e de relación co territorio.

A planta baixa libérase, faise transparente
evidenciando o seu necesario carácter público.

Xeometría disciplinada que permite a partir de
unha modulación rigorosa crear contedores
variables segundo a demanda. Continuar lendo →

Escola infantil no Campus universitario. Ourense

Posted by / 11th Abril 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , , / 1 Comment

Abalo Alonso arquitectos

É posible que as cabanas entre as árbores estivesen na orixe do proxecto. Pode que os nosos hórreos tamén. Botamos de menos eses momentos de xogos infantís. A propia configuración do terreo acompáñanos; no medio do parque, illados, entre árbores, terreo en pendente… Continuar lendo →

Vivienda unifamiliar aislada. Santiago de Compostela

Posted by / 4th Abril 2014 / Categories: coag, Proxectos / Tags: , , , / 0 Comments

Aurora García Vicente

Organización, proporción, integración e relación do proxecto coa paisaxe do lugar son as pautas deste proxecto. Resólvese o acceso á edificación a través dun claro e contrastado xogo de volumes e sombras que enmarcan, o que proclamo e sempre defendín como unha cuestión clave, “o acceso” (como se produce e se resolve este). A partir de aquí, xurde o construído; distintos volumes, usos diferenciados e outros espazos intersticiais (patios) que focalizan os sucesivos espazos que se van xerando. Imos por bo camiño. Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter