Concursos: presentación

Nesta sección accédese ao servizo da “Oficina de concursos”,  que se pon a disposición dos colexiados para informar, apoiar e defender os intereses do arquitecto nos concursos de proxectos, así coma noutros procedementos de contratación de servizos de Arquitectura que se convocan polas Administracións Públicas e por promotores privados.

O servizo consiste, dun xeito resumido, en:

  • Ofrecer información de procedementos de contratación de entidades públicas, así como de concursos e premios convocados por entidades privadas e asesoramento técnico e xurídico ao arquitecto nesta materia, a través da Plataforma de Concursos do “Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE)”.
  • Realizar a labor de seguemento e control dos concursos convocados polas Administracións Públicas no ámbito galego e publicados na Plataforma de Concursos do CSCAE.
  • Colaborar, no ámbito autonómico, coas Administracións Públicas e entidades privadas na convocatoria de concursos de arquitectura, coa vocación de servir de plataforma permanente de diálogo, traballo e intercambio de propostas que contribúan a garantir os dereitos dos arquitectos nestes procedementos.
  • Ofrecer un servizo telemático de consultas para asesorar ao arquitecto dun xeito personalizado. As consultas e/ou observacións máis frecuentes e as súas respostas serán publicadas de forma anónima neste espazo en beneficio de todos os colexiados.

Concursos destacados del CSCAE

Pode contactar coa oficina de concursos na dirección: concursos@colexiodearquitectos.org