PTSC PAGUS Unha Viaxe por Galicia 1929

ir a portada canal COAG

Documental sobre Galicia realizado co gallo da Exposición Iberoamericana de Sevilla, co que se pretende dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia nun percorrido polas catro provincias. Hoxe en día o seu valor testemuñal e histórico e indubidable. A contemplación das arquitecturas desaparecidas, as mutacións na morfoloxía urbana, os contrastes entre o medio rural e a burguesía que paseaba polos balnearios, supoñen unha auténtica viaxe ao pasado dunha Galicia en grande medida desaparecida.